Ti estás aquí > Inicio / / Un festival abre ao público os órganos de igrexas emblemáticas de Compostela
Un festival abre ao público os órganos de igrexas emblemáticas de Compostela
maio 3, 2010
Este sábado arrinca en Compostela unha nova edición do Compostela Organum Festival. Unha cita que une nun mesmo programa a recuperación de igrexas para dalas a coñecer ao público e, da outra banda a música, xa que concertos apóianse nos órganos destes espazos. O festival ofrece 13 citas que se agrupan en tres ciclos: primavera (mes de maio), verán (no mes de agosto) e outono (outubro). A Asociación Musical Berenguela coordina este ciclo apoiado polo Consorcio de Santiago e o Xacobeo.