Ti estás aquí > Inicio / Xéneros / Antiga
Música Antiga
O festival multidisciplinar Música no Claustro volve dar brillo ao patrimonio tudense
Xénero:
| 28 / 7 / 2016Concertos, obradoiros de artesanía e visitas guiadas centran o programa da décimo segunda edición de ‘Música no Claustro’, que se desenvolverá do 3 ao 7 de agosto na catedral de Tui. Baixo o leimotiv “Fortalezas” e a dirección artística de Samuel Diz, ‘Música no Claustro’ ofrecerá diversos concertos de música clásica, antiga e jazz. No marco dun diálogo entre ambas as dúas beiras do Miño terá lugar a presentación en escena do pergamiño Vindel de Martín Códax. Xunto con outras formacións e músicos experimentados como o acordeonista serbio Nikola Tanaskovic e o Ernesto Aurignac Trío, tamén participarán no festival novas e novos intérpretes, que terán ocasión de dar a coñecer o seu talento grazas á colaboración da Escola e o Conservatorio Profesional de Música de Tui, a A.C. Galicia Fiddle, e o apoio das empresas Connecta Aloia e a editorial Dos Acordes.
Fernando Reyes ponlle música ao Camiño
Xénero: AUDIO
| 13 / 6 / 2014 +As músicas do Camiño de Santiago nos relatos dos peregrinos Leo Von Rozmital, William Wey, G. Manier, Bartolomeo Fonana e Nicola Albani compoñen o eixe o novo traballo de Fernando Reyes acompañado de boa parte do grupo de música antiga Resonet no que el tamén milita. Carlos Castro, X.R.Martínez e Trinidad de Miguel acompañan o músico en Viaxe a Compostela, onde interpretan composicións antigas e propias para ambientar as viaxes que desenvolveron estes personaxes entre 1456 e 1742. Resonet xa publicara anterioremente diferentes traballos nos que vencella música e peregrinación.
O Festival Músicas Contemplativas xunta o barroco co contemporáneo en espazos singulares
Xénero:
| 26 / 3 / 2014Comezou sendo un pretexto para dar a coñecer ao público o patrimonio rehabilitado polo Consorcio de Santiago, e acabou por converterse nunha das actividades estrela da Semana Santa de Compostela. Falamos do Festival Músicas Contemplativas que este ano suma no seu programa á Real Filharmonía de Galicia. Onte presentouse a relación de asistentes deste encontro que ofrecerá 16 concertos en espazos singulares da cidade compostelá. Nesta ocasión, inclúense propostas como un recital de shakuhachi, unha frauta de bambú xaponesa, con obras da tradición dos monxes budistas Zen; unha mostra da poesía sagrada na música de Kabul e un concerto de piano con obras de autores xaponeses contemporáneos. Ademais, o barroco volve estar presente na programación a través de varias apostas, entre as que destaca a primeira colaboración entre a Escolanía da Catedral "Ángeles de Compostela" e o conxunto de música antiga Resonet.
O barroco e a música antiga repiten en Santiago da man do Vía Stellae
Xénero:
| 26 / 6 / 2013A traxectoria do Vía Stellae está chea de cambios e de mudanzas que pasaron por diferentes orzamentos e distintos organizadores. Este encontro, que chegou a supor unha programación de 1.5 millóns de euros, foi organizado polo Xacobeo en colaboración con outras entidades, é asumido agora na súa totalidade polo concello de Santiago. Con todo, o encontro mantense fiel no que atende ás liñas de programación, co barroco e Santiago de Compostela como eixe central. Nesta ocasión, serán dúas semanas de concertos (de balde e de pagamento) que arrincan o vindeiro 5 de xullo.
Unha estrea protagoniza a sexta edición do Pórtico do Paraíso
Xénero:
| 11 / 2 / 2013Son xa seis anos nos que a música antiga, barroca e medieval son habituais na programación ourensá. O Festival Pórtico do Paraíso repite unha vez máis na programación cun programa dobre: dunha banda concertos e da outra actividades paralelas relacionados cos concertos. A edición deste ano ábrese cunha exposición sobre os instrumentos do Pórtico do Paraíso. Un día máis tarde, o grupo vocal e instrumental The Harp Consort ofrece un dos pratos fortes:a estrea dunha obra inédita do barroco español. Despois virán o arpista Andrew Lawrence-King (17 de febreiro), as frautas e percusión de Eloqventia, que ofrecerá un dobre concerto (18 e 19 de febreiro), as voces e percusión do Trío Medieval e o concerto de Laura Alonso. Os músicos de Eloqventia e a soprano galega Laura Alonso desenvolverán varios encontros. A programación contará tamén cunha conferencia, que se achega a vida e obra dedo Mestre Vide.
Regresa á oferta compostelá o Festival Músicas Contemplativas
Xénero:
| 24 / 1 / 2013Tratábase dun programa que organizaba concertos musicais de formacións chegadas de diferentes países en espazos singulares para destacar o valor patrimonial da cidade. O Festival Músicas Contemplativas cancelouse en 2012 por motivos económicos pero este ano volve á oferta cultural compostelá de Semana Santa. Grazas a unha achega de 100.000 euros procedente do Ministerio de Educación e Cultura recuperarase esta edición, que fará a número 7, e que se celebrará entre o 21 e o 31 de marzo.
O ciclo Espazos Sonoros continúa a súa andaina
Xénero:
| 13 / 9 / 2012Logo da inauguración o pasado día 8 co concerto da violagambista Sara Ruiz na Reitoral de Gundivós, en Sober, o Ciclo Espazos Sonoros chega á Coruña. O quinteto de flauta Seldom Sene achegará este domingo os seus sons á igrexa de Santa María de Cambre, no segundo dos 12 recitais que fan parte do ciclo e que terán, como é habitual, espazos monumentais como escenario. San Martiño Pinario en Compostela, Santa María a Nova de Noia, o Museo Massó de Bueu ou o Ateneo de Ourense son algúns dos espazos do ciclo, que conta coa presenza de destacados intérpretes de música antiga como Iván Abal e Marisol Mendive, Charo Pita e Javier Fernández, Ulobit, Germán Díaz, Valadarestiada ou o Grupo de Música Antiga 1500.
Compostela perde o Festival de Músicas Contemplativas
Xénero:
| 12 / 3 / 2012A falta de orzamento asignado no Consorcio de Santiago impedirá que a vindeira Semana Santa Compostela acolla unha nova edición do Festival de Músicas Contemplativas. O evento, centrado en diferentes formas de música relixiosa, estaba organizada por esta entidade desde hai xa seis anos, conseguindo neste tempo un importante éxito de público. Non se desbota que en vindeiras ocasións se poida retomar a iniciativa.
Cultura renova o programa Espazos Sonoros que reduce notablemente o número de concertos
Xénero:
| 5 / 7 / 2011Naceu coa filosofía de por en valor o patrimonio cultural, musical e organístico relevante a ritmo de concerto. A esencia permanece pero das 88 citas que chegou a ter este ciclo, neta cuarta edición só haberá 27. Mosteiros, unha antiga fábrica de conserva, pazos, casas grandes ou unha fortaleza medieval converteranse no escenario de formacións galegas e doutras partes do mundo (La Chimera, o Nova Lux Ensemble, Rolf Lislevand, Quadriga Consort, Malandança, Les Sacqueboutiers de Toulouse…). A cita comezará o vindeiro 15 de agosto e desenvolverase ata o 22 de outubro baixo o lema “Novos camiños para a Música”. Como é habitual, o programa ten un apartado formativo que este ano conta con tres obradoiros.
Trece agrupacións participan na VI edición do Festival de Músicas Contemplativas
Xénero:
| 21 / 3 / 2011Franquear camiños, abrir diálogos e acabar coas barreiras de descoñecemento entre pobos as culturas. Esta é a filosofía dunha nova edición do Festival de Músicas Contemplativas. Un evento que cumpre a súa sexta edición abrindo o patrimonio eclesiástico rehabilitado polo Consorcio de Santiago ao publico. Nesta ocasión participarán 13 agrupacións representativas de tradicións musicais de Oriente e Occidente e das súas espiritualidades. The New London Consort, Il Complesso Barocco, The King´s Consort a Vishwa Mohan Bhatt&Divana son algúns dos grupos que estarán en Santiago entre o 18 e o 23 de abril que se desenvolve este programa.
REPORTAXE
Cantar en Nadal
Data.O contorno e a lingua galega recóllense nos vilancicos e panxoliñas desde o século XVIII