Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Cultura renova o programa Espazos Sonoros que reduce notablemente o número de concertos
Cultura renova o programa Espazos Sonoros que reduce notablemente o número de concertos
xullo 5, 2011
Naceu coa filosofía de por en valor o patrimonio cultural, musical e organístico relevante a ritmo de concerto. A esencia permanece pero das 88 citas que chegou a ter este ciclo, neta cuarta edición só haberá 27. Mosteiros, unha antiga fábrica de conserva, pazos, casas grandes ou unha fortaleza medieval converteranse no escenario de formacións galegas e doutras partes do mundo (La Chimera, o Nova Lux Ensemble, Rolf Lislevand, Quadriga Consort, Malandança, Les Sacqueboutiers de Toulouse…). A cita comezará o vindeiro 15 de agosto e desenvolverase ata o 22 de outubro baixo o lema “Novos camiños para a Música”. Como é habitual, o programa ten un apartado formativo que este ano conta con tres obradoiros.