Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / / Unha estrea protagoniza a sexta edición do Pórtico do Paraíso

OS MúSICOS DOS CONCERTOS TAMéN PARTICIPARáN EN ENCONTROS CO PúBLICO

Unha estrea protagoniza a sexta edición do Pórtico do Paraíso

ANTIGA | febreiro 11, 2013

imaxe non dispoñible

Son xa seis anos nos que a música antiga, barroca e medieval son habituais na programación ourensá. O Festival Pórtico do Paraíso repite unha vez máis na programación cun programa dobre: dunha banda concertos e da outra actividades paralelas relacionados cos concertos. A edición deste ano ábrese cunha exposición sobre os instrumentos do Pórtico do Paraíso. Un día máis tarde, o grupo vocal e instrumental The Harp Consort ofrece un dos pratos fortes:a estrea dunha obra inédita do barroco español. Despois virán o arpista Andrew Lawrence-King (17 de febreiro), as frautas e percusión de Eloqventia, que ofrecerá un dobre concerto (18 e 19 de febreiro), as voces e percusión do Trío Medieval e o concerto de Laura Alonso. Os músicos de Eloqventia e a soprano galega Laura Alonso desenvolverán varios encontros. A programación contará tamén cunha conferencia, que se achega a vida e obra dedo Mestre Vide.