Ti estás aquí > Inicio / / O barroco e a música antiga repiten en Santiago da man do Vía Stellae
O barroco e a música antiga repiten en Santiago da man do Vía Stellae
xuño 26, 2013
A traxectoria do Vía Stellae está chea de cambios e de mudanzas que pasaron por diferentes orzamentos e distintos organizadores. Este encontro, que chegou a supor unha programación de 1.5 millóns de euros, foi organizado polo Xacobeo en colaboración con outras entidades, é asumido agora na súa totalidade polo concello de Santiago. Con todo, o encontro mantense fiel no que atende ás liñas de programación, co barroco e Santiago de Compostela como eixe central. Nesta ocasión, serán dúas semanas de concertos (de balde e de pagamento) que arrincan o vindeiro 5 de xullo.
O conxunto italiano Il Suonar Parlante, a soprano coreana Sunhae Im, acompañada polo grupo catalán Vespres d’Arnadí; a soprano arxentina María Cristina Kiehr, dunha das mestras e especialistas do canto e do barroco ou o italiano Vittorio Ghielmi son algúns dos nomes destacados nesta ocasión. Ademais, como non podería ser doutra maneira en tempos de crise, o festival colabora co FIP, Festival Internacional de Percusión que traerá outras visións e outras músicas e tamén varios proxectos de danza.
Tamén che pode interesar:
- 28/ 5/ 2015 | O Vía Stellae achegará 19 concertos a Compostela
- 4/ 6/ 2014 | O Vía Stellae acollerá 23 concertos na súa novena edición
- 25/ 6/ 2012 | O festival Via Stellae volta con vinte concertos
- 6/ 5/ 2008 | O Vía Stellae incorpora a música dos creadores galegos contemporáneos
- 2/ 7/ 2007 | Simone Kermes inaugura o festival de música Vía Stellae