Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nova edición do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera

OS CONCERTOS TERáN LUGAR NA IGREXA DE SAN MARTIñO DENTRO DO CONXUNTO BARROCO DECLARADO BIC

Nova edición do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera

ANTIGA | abril 8, 2024

imaxe non dispoñible

A igrexa barroca de San Martiño de Barcia de Mera, pertencente ao conxunto que coa reitoral foi declarado o pasado ano Ben de Interese Cultural (BIC) acollerá unha nova edición, a número XVI do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera. O programadesenvolverase do 27 de abril ao 14 de setembro cun total de oito concertos que se celebrarán dentro desta singular igrexa situada no rural do concello pontevedrés de Covelo dinamizando o lugar, próximo a Mondariz. O primeiro concerto correrá a cargo de Vox Stellae. O 25 de maio será a quenda do grupo Ars Longa, mentres que o 15 de xuño de Ensemble Orphelion. En xullo, a primeira das citas será o día 6 da man de Judith Jauregui e o día 20 actuarán Beatriz Díaz, Jose Luis Bieito, Camilo García e Maife Gil. Xa en agosto, con dúas citas, encherán de música a Igrexa de San Martiño de Barcia de Mera o Grupo Fua o día 15 e Cancellos o día 31. O concerto de clausura desta XVI edición do ciclo será o 14 de setembro con Camerata OSG. Todos os concertos están programados para as 20,00 horas.