Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Víctor Aneiros presenta o seu DVD ao vivo

O DISCO CONTA CON COLABORACIóNS COMA JOSé E ROBERTO SOMOZA OU MAURO SANCHíS

Víctor Aneiros presenta o seu DVD ao vivo

JAZZ/BLUES | outubro 26, 2011

not_19760.jpg

O concerto que deu Víctor Aneiros o 27 de novembro de 2010 no Teatro Jofre de Ferrol no marco do ciclo Out Jazz, ve a luz agora na forma dun DVD. O músico de blues ten xa á venda Víctor Aneiros ao vivo, unha obra na que se poden escoitar doce temas incluíndo cancións como Na barra, Axúdame ou Sombras de Compostela e que conta con colaboracións coma as de José e Roberto Somoza, Mauro Sanchís ou a voz de Julie Guravich. Os vindeiros concertos que ten previstos o bluesman son o 1 de decembro no Pazo da Cultura de Narón e o 10 do mesmo mes no Teatro Principal de Ourense.

datos do disco