Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Malvela presenta Raianas, o seu disco ao vivo

O áLBUM, GRAVADO O PASADO MES DE MAIO NO PORRIñO, ACHéGASE AO REPERTORIO POPULAR GALEGO E PORTUGUéS

Malvela presenta Raianas, o seu disco ao vivo

FOLK | outubro 21, 2011

not_19732.jpg

O Museo do Pobo Galego acollía esta mañá a presentación de Raianas o disco que Malvela gravou o pasado 31 de maio no Auditorio de Mos. Na presentación, Uxía Senlle, impulsora deste proxecto, sinalou que a obra presenta un repertorio da música tradicional galega e portuguesa, recuperando temas habituais do grupo canda a cancnións populares do Alén Miño e temas de composición propia. Entre eles, lembrou unha canción de homenaxe ao falecido Xosé Méndez Morgan, membro dos Estalotes e do Orfeón Treixadura que foi lembrado repetidamente ao longo do acto.

Canda a este tema, o disco recolle a versión do coñecido Pirimpimpín que fai de sintonía da serie Padre Casares, e mesmo un tema do Nordeste brasileiro, Forrô no escuro, do coñecido compositor Luís Gonzaga. A música lusófona está tamén presente en arranxos de percusión ou na incorporación do cavaquinho á instrumentación do disco.

Segundo lembrou Lina, voceira do grupo na presentación, “hai moita música popular, pero a Malvela non lle interesa toda. Non nons interesa a música soez, nin anticlerical nin machista. Queremos música pícara, alegre que nos di algo”. Uxía sinalou que existe a posibilidade de que se edite un DVD co material da gravación do disco. O álbum está dispoñible da man de Fol Música e pode adquirirse en formato dixital.

MULTIMEDIA
MALVELA - Reportaxe álbum RAIANAS
MULTIMEDIA
Malvela -Trubisqueira
datos do disco