Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Zurrumalla lanza O que había... e o que hai

O DUPLO áLBUM REPASA O SEU REPERTORIO E ACHEGA NOVOS TEMAS

Zurrumalla lanza O que había... e o que hai

FOLK | outubro 20, 2011

not_19722.jpg

A música tradicional e festeira que caracteriza o son de Zurrumalla pódese escoitar agora en O que había... e o que hai, o duplo disco que o grupo acaba de autoeditar. O álbum conta nada menos que con 25 temas, boa parte dos cales fan parte do xa tradicional repertorio do grupo, nado no ano 2000. Canda a estes, a formación achega unha selección de novos temas de composición propia, entre eles Presentación triolirada, unha curiosa regueifa que presenta o segundo CD e o proceso produción do álbum. A obra está dispoñible en tendas e tamén se pode escoita mediante Spotify

datos do disco