Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Zurrumalla continua de festa con Camiño por ti

O GRUPO INICIA A XIRA DE PRESENTACIóN DO SEU NOVO TRABALLO.

Zurrumalla continua de festa con Camiño por ti

FOLK | maio 25, 2016

caminho_por_ti_zurrumalla.jpg

Tardaron once anos en publicar o seu primeiro álbum, pero semella que os vigueses de Zurrumalla están a lle coller o ritmo. Catro anos depois daquel O que había... e o que hai ve a luz Camiño por ti. O novo álbum, que se á luz da man de Inquedanzas Sonoras, achega dezasete temas de estilos variados a manter o estilo peculiar do sexteto, que mestura acordeóns, gaitas, perdusións e saxo nun son que anova a partir da nosa tradición. O álbum gravouse nos estudios A Lagharteira e Ancestral Estudios, por Isaac Millán. A banda anuncia a súa vindeira actuación o vindeiro 21 de xuño no Festival Benéfico da ELA en Cangas.



datos do disco