Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Os Cempés reúnen en tempo récord 5.000 euros para o seu vindeiro disco
Os Cempés reúnen en tempo récord 5.000 euros para o seu vindeiro disco
novembro 8, 2011
En só catro días desde que comezou a recadación de achegas para que Os Cempés graven o seu novo disco, o grupo colleitou xa 5.420 dos 5.500 euros que precisan. En total foron 122 os doadores que fixeron ata o momento a súa contribución ao proxecto a través do web Verkami, especializado no financiamento de proxectos mediante este sistema.
Os participantes fixeron achegas que van dos 5 ao 1.200 euros. Neste último caso, os doadores poderán desfrutar dun concerto privado do grupo, así como de oito quilos de percebes achegados e cociñados por membros do mesmo e de 30 CDs asinados, entre outros agasallos. O proxecto aínda dispón de 36 días máis para recadar os oitenta euros que lle restan para iniciar a gravación. O grupo prevé comezar as sesións o vindeiro mes de xaneiro e contan coa colaboración dos alumnos da Escola Livre da Música Popular Galega.
Gravación do novo CD de Os Cempés coa Escola Livre da MPG from miguel noval on Vimeo.