Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Desconcierto cultural chama a colaborar na celebración do Record Store Day

ESQUíOS TAMéN EMPREGA O CROWDFUNDING PARA EDITAR O SEU VINDEIRO DISCO

Desconcierto cultural chama a colaborar na celebración do Record Store Day

MISCELáNEA | xaneiro 25, 2013

imaxe non dispoñible

A asociación Desconcierto Cultural chama a celebra o Record Store Day en Galicia, e para isto quere editar un vinilo con 5 temas inéditos de bandas galegas. A iniciativa chama á participación do público para reunir fondos, mediante crowdfunding cos que costear a edición do disco, que se gravará en Litium Records, Pontevedra. Os grupos participantes, polo de agora secretos, darán ademais concertos nas tendas que participan no proxecto.

Canda a esta proposta, chéganos tamén a nova de que tamén Esquíos teñen aberta unha colecta de fondos en Verkami para editar o seu novo disco, que levará por título Porcocan. O prazo para facer achegas abriu esta mesma semana.