Ti estás aquí > Inicio / música en galego
Música en galego
O concerto dos vinte anos
Xénero:
| 19 / 12 / 2011O local A Taberna, de Cerceda acollía o pasado sábado 16 a presentación do DVD Zënzar ao vivo. O grupo presenta nesta produción o concerto que dera nesta mesma localidade en 2009, a coincidir co seu vinte aniversario e contando con numerosas colaboracións. Ademais da actuación en Cerceda, que contou coa presenza de Xurxo Souto, María Xosé Silvar “Ses” ou Javier Pardeiro “O reverendo”, entre moitos outros, a banda ofrece outro recital con convidados no Badulake de Ordes o vindeiro 23 de decembro. Nestas presentacións está a venda unha edición limitada do DVD autoeditado, que chega ás tendas o vindeiro mes de xaneiro.
Quiosco: Sons da Galiza 18
Xénero:
| 14 / 12 / 2011A publicación dixital Sons da Galiza ten xa dispoñible no seu blog o seu número 18, que corresponde aos meses de novembro e decembro. Desta volta, atende a cuestións como os últimos discos de Leilía, Malvela e Assembly Point, a nova voz de Luar na Lubre, ou a Biografía e DVD ao vivo de Berrogüetto. Asimesmo, a xira da Orquestra Sondeseu e as habituais de seccións de axenda e de novas breves fan parte da entrega.
Unha viaxe musical
Xénero:
| 12 / 12 / 2011O álbum Etheria partiu da banda sonora do espectáculo homónimo do Centro Coreográfico Galego e agora madura como disco singular, “con maior desenvolvemento musical”, asegura o líder da formación ISGA Collective, Isaac Garabato. Etheria presentouse en Londres na primavera e a semana pasada ISGA presentouno en Vigo. O resultado é un son moi particular. “Queremos amosar unha música que ten que ver con Galicia, pero adoptamos máis correntes”, sinala Garabato, “porque Galicia como sociedade é máis plural e máis moderna”.
Unhas conferencias poñen de manifesto o papel do galego na música
Xénero:
| 5 / 12 / 2011As cantigas tradicionais galegas son, en palabras de Anxo Lourenzo, secretario xeral de Política Lingüística, “un tesouro musical, pero tamén lingüístico, polos innumerables exemplos de galego de calidade que conteñen”. E este enfoque histórico e lingüístico é o que teñen as conferencias “A música na memoria” que se desenvolverán na sede do Conservatorio Profesional de Música de Santiago nas vindeiras semanas. Son tres cita a cargo de profesionais de gran relevancia no estudo da tradición musical de Galicia: Dorothé Schubart, Javier Jurado e Miguel López Fariña que falarán de cantigas, música de banda e a vida musical de Santiago a finais de século. Un enfoque musical para dar conta da situación do idioma nese contexto.
Leilía pura
Xénero:
| 5 / 12 / 2011Xa está nas rúas o agardado novo disco de Leilía. Logo de seis anos de silencio o grupo de pandeireteiras volta con Consentimento (Fol Música), un álbum no que continúan a recuperación de melodías tradicionais que lles caracteriza pero no que a música queda máis espida que en anteriores traballos. O pasado xoves 1 de decembro presentaban o traballo na sede do Consello da Cultura Galega en Compostela e facíano cun pequeno recital que agora che presentamos.
Anxo Lorenzo Trío leva o premio do público no Folkherbst Festival
Xénero:
| 2 / 12 / 2011O público do Folkherbst Festival que se celebrou a finais do pasado mes de outubro en Alemaña, escolleu os galegos Anxo Lorenzo Trío como mellor grupo da última edición. O grupo deste gaiteiro actuou no evento o pasado 29 de outubro, conseguindo unha grande aceptación dos afeccionados no que é a principal cita de música folk en Alemaña. Nas votacións, os galegos impuxéronse á formación irlandesa Nua Caladh e aos checos Bezobratri. No próximo mes de xaneiro a banda voltará a este país para recibir o premio e ofertar un novo concerto en Plauen. O premio do xurado do festival foi para premio do xurado foi para os franceses Pad Prapad.
César Morán canta a Cunqueiro en Haberá primavera
Xénero:
| 23 / 11 / 2011Haberá Primavera. Catorce poemas, catorce cancións é o título da última gravación de César Morán. Un libro-disco no que o músico canta catorce poemas de Álvaro Cunqueiro e un tema propio con colaboracións como a de Uxía Senlle. O lanzamento, ademais, inclúe un segundo CD no que se pode escoitar a última entrevista que concedeu Cunqueiro en vida ao propio Morán. A obra, cun carácter fondamente intimista, achega guitarra, frauta traveseira, saxo alto, contrabaixo e a percusión. A obra inclúe un libro de 56 páxinas e sae á venda cun prezo de 29 euros.
Nordestin@s despídese cun concerto en Santiago
Xénero: VIDEO
| 21 / 11 / 2011 +Cinco anos despois de asistir ao seu Nacemento, o Teatro Principal de Santiago verá a despedida do proxecto musical Nordestin@s. Guadi Galego, Ugia Pedreira e Abe Rábade subirán o vindeiro 19 de decembro por última vez a un escenario no marco deste proxecto, que conseguiu un amplo respaldo da crítica e do público desde o lanzamento do seu disco homónimo. A cita será ás 21 horas e as entradas están á venda no servizo de Novagaliciabanco.
Vaamonde, Lamas e Romero presentan O tambor de prata
Xénero:
| 18 / 11 / 2011O tambor de prata. Aventuras e desventuras de Os Trintas de Trives é o título do segundo álbum que lanza o trio Vaamonde, Lamas & Romero da man de Do Fol. O proxecto comprende un CD con temas inspirador polo grupo dos Trintas, que desenvolveron a súa actividade musical a comezos do século XX, así como un DVD cunha actuación ao vivo de Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero canda a Banda Sinfónica da Coruña no Pazo da Ópera desta cidade. O vindeiro 4 de decembro o grupo fará un miniconcerto no marco do Culturgal en Pontevedra, e o 13 do mesmo mes será a presentación oficial no Salón Teatro de Santiago.
Unha vida en clave de folk
Xénero:
| 14 / 11 / 2011O pulso da terra é o título da biografía que do coñecido grupo folk Berrogüetto acaba de editar Galaxia. Para alén dun libro que repasa, da man de Fernando Neira, os quince anos de traxectoria do conxunto, a obra inclúe un CD e un DVD que recollen o concerto que deu a banda en Compostela o pasado mes de novembro de 2010.
novidades discográficas
O Noso Tempo
Hugo Guezeta
Cāldo
Catuxa Salom
Vertentes
Garza
Obra social
ORTIGA
Barullo
Baiuca