Pautas para o camiño

A consecución de público e o encontro coa profesión son algúns dos retos que deberá afrontar o responsable do CDG

  • Antonio Simón, Blanca Cendán ou David Subík. Son os tres finalistas do concurso público para escoller o futuro responsable do Centro Dramático Galego, o buque insignia do teatro galego. O comité de avaliación reuniuse o luns 22 e, segundo as f...

Achegarse á poesía a pé

Uxío Novoneyra incorpórase aos Roteiros de Culturagalega.org

  • Verter a vida e a obra de Uxío Novoneyra nun itinerario. Este é o desafío ao que se enfrontaron as traballadoras de Etnoga para os Roteiros de Culturagalega.org e para o que se contou coa colaboración da familia do poeta. O proceso de investigaci...

Chegar e tocar

As jam sessions consolídanse como alternativa musical no noso país

  • A improvisación no campo da música está a se espallar por Galicia. Para alén dos seráns e foliadas que se celebran habitualmente polo noso país a partir da música tradicional, nos últimos tempos están a se multiplicar as jam sessions, aplica...

A cociña da cultura

Numerosas iniciativas incardinan á gastronomía no ámbito da cultura

  • A gastronomía e a cociña son unha das marcas de identidade máis propias de Galicia, pero nas últimas décadas, e agás contados casos, a súa presenza no mundo cultural foi bastante reducida e limitada aos aspectos máis lúdicos e populares. Sen...

Proxectos no camiño

O sector audiovisual continúa cos seus proxectos á espera da definición política e administrativa

  • Estreas, rodaxes, desenvolvemento…. A falta da convocatoria de axudas deste ano, a reorganización do Consorcio Audiovisual de Galicia como entidade que coordine a política administrativa da Xunta, as produtoras seguen co seu traballo. Tic Tac Pro...

Aprender muiñeira no salón

Bailabén é o primeiro curso de baile tradicional galego en DVD

  • "Había DVDs e manuais para aprender calquera tipo de baile menos o noso". Así explica Gustavo Couto, coautor de Bailabén como naceu a idea de crear un manual, con video incluído, para aprender bailte tradicional galego sen necesidade de ir a unha...

A arte vende

As galerías galegas regresan das feiras de arte contemporáneo madrileñas cun balance positivo

  • É un esforzo económico que na maioría das ocasións non se recompensa en vendas, é dicir, para cubrir os gastos que ocasiona. Pero non estar nunha feira como ARCO ou ART-Madrid non é unha opción. Os galeristas están de regreso cunha visión mo...

GastroAtlántida

O Fórum Gastronómico de Santiago 2010 comeza esta fin de semana ata o mércores

  • Esta fin de semana comeza en Santiago o Fórum Gastronómico 2010 As Cociñas do Atlántico, a segunda edición do principal evento gastronómico do país. Unha intensa programación destinada ao público xeral esta fin de semana –O Fórum Cidade- ...

O futuro do Primitivo

O Camiño Primitivo é unha das vías Xacobeas con máis eivas e máis posibilidades

  • É un dos elementos do noso patrimonio que na actualidade conta con máis posibilidades de ser recoñecido pola UNESCO. No entanto, o Camiño Primitivo a Santiago carece aínda de delimitación e da correspondente protección legal, o que provoca que...

O reino da gaita

Pablo Carpintero analiza o concepto de música e mais os instrumentos da sociedade tradicional

  • O mundo dos instrumentos tradicionais non é monolítico. Nel conviven desde clásicos instroducidos en pleno século XIX ata restos do paleolítico. Pablo Carpintero presentaba recentemente Os instrumentos musicais na tradición galega , unha obra q...

Programas expositivos

A fotografía protagoniza as exposicións previstas neste 2010

  • Cando o 25 de xullo coincide en domingo, museos, fundacións e galerías saben que será un ano de moitas visitas e aproveitan para presentar a súa mellor programación. Con todo, este Xacobeo tivo a mala fortuna de coincidir en plena crise e iso n...

Polaqia e AGPI publican as súas opinións sobre as axudas á BD da Xunta

Ambas entidades emitiron senllos comunicados ao respecto

  • O colectivo de autores Polaqia publicaba esta mañá unha carta aberta na que denuncia a convocatoria de axudas á creación de banda deseñada. O texto apunta a exclusión de moitos dos creadores galegos neste campo pola esixencia de titulación par...

Cultura asegura que as axudas á BD foron elaboradas co "consenso total da representación do sector"

O goberno sinala que sempre se ``contou coa opinión dos autores na redacción da convocatoria´´

  • "Seguimos estritamente o consenso e acordo total coa representación do sector", asegurou a Consellería de Cultura onte nun comunicado a raíz da polémica cos autores de banda deseñada polos requisitos da axuda á creación de banda deseñada. A X...

Amosando a escavación

O Museo de Lugo achega ao público unha selección dos restos arqueolóxicos que custodian

  • A actividade arqueolóxica que se desenvolveu na provincia de Lugo durantes os tres últimos lustros deu para achados inéditos sobre o noso pasado. O Museo Provincial abría o pasado xoves na Cidade da Muralla unha mostra na que recupera boa parte d...

Sons miúdos

A música para nenos afianza a súa presenza no noso país

  • Moito se ten falado nos últimos anos do bo momento que vive a música galega, cunha grande cantidade de grupos e variedade de estilos. Ao carón dos nomes máis coñecidos, existe toda unha serie de producións que sobreviven centradas nun sector de...

Lendo no libro dos xenes

As análises xenéticas permiten novos achegamentos mesmo á evolución da lingua

  • Os estudos sobre lingua atopan na xenética un recurso novo para ver como se van constituíndo as poboacións de falantes e como evolúen. Do mesmo xeito, esta ciencia permítenos coñecer aspectos históricos da organización social do noso país. O...

Cultura, previo paso pola cadea

Varias iniciativas pretenden recuperar prisións para uso cultural

  • ...a construir en 1870 unha prisión preventiva en terreos comarcais (Paradela, Incio, Láncara, Páramo, Samos e Sarria) cedidos ao goberno. Malia que tardou moito en construirse estivo a pleno funcionamento durante a época da Guerra Civil. Segundo conta ...

Comisariar hoxe

Catro responsables de proxectos artísticos explícannos a situación do seu oficio

  • Nestes días, o MARCO de Vigo expón Mirrors/espellos , unha exposición que xorde da segunda edición do seu certame para novos comisarios. Ao tempo, o museo ten en marcha a terceira convocatoria deste premio. A aproveitar a ocasión, queremos refle...

O pai do patrimonio

Actividades na Coruña recuperan a figura de Manuel Chamoso Lamas

  • Restauracións en Oseira ou nas catedrais de Santiago e de Tui. A reconstrución de Sobrado dos Monxes. A eliminación de construcións anexas á Muralla de Lugo. O Museo das Peregrinacións. Estes proxectos e moitos outros, fundamentais para entende...

Unha ilustre potencia

Malia ao seu bo nivel, os ilustradores galegos sobreviven con dificultades

  • Se o mundo da ilustración fose fútbol, Galicia estaría nos mundiais. Aínda que a afirmación pode ser algo esaxerada, a realidade é que o noso país conta con figuras de primeira liña neste campo. No entanto, son moitos os profesionais que sobr...