O colectivo de autores Polaqia publicaba esta mañá unha carta aberta na que denuncia a convocatoria de axudas á creación de banda deseñada. O texto apunta a exclusión de moitos dos creadores galegos neste campo pola esixencia de titulación para acceder ás axudas. Ao tempo, tamén lamenta o escaso prazo para se presentar e a necesidade de xustificar os gastos de creación. Pola súa banda a Asociación Galega de Profesionais da Ilustración publicou esta tarde un comunicado propio sobre esta cuestión. Neste sentido, o presidente da AGPI, Santy Gutiérrez, desmintiu a existencia de consenso co sector á hora de elaborar a convocatoria. "A Asociación non tivo coñecemento previo das bases e non se lle deu o visto bo nin se chegou a ningún consenso sobre as mesmas porque non tivo acceso a ese texto", lembra. "Dáse a entender que houbo unha negociación cando só se fixeron un par de consultas sobre a cuestión, sen que se dese proceso nengún". Encol do formato da convocatoria advirte que "nós sempre pensamos que se estaba a tratar de bolsas e non de axudas" e que as titulacións "farÃan parte dos criterios de valoración e non serÃan condicións previas para se poder presentar".