A improvisación no campo da música está a se espallar por Galicia. Para alén dos seráns e foliadas que se celebran habitualmente polo noso país a partir da música tradicional, nos últimos tempos están a se multiplicar as jam sessions, aplicadas a estilos cada vez máis diversos e con cotas de calidade crecentes.
Non cabe dúbida de que a multiplicación das salas de concertos que se está a dar no país nos últimos anos está relacionada coa expansión deste tipo de actuacións. A miúdo, a opción de programar unha jam session lles permite aos locais cubrir unha ou máis noites sen ter que pagar o caché dun grupo profesional. A cuestión é atraer a estes eventos músicos de calidade que participen de xeito habitual e á súa vez funcionen como un iman para o público xeral.
Jams clásicas
Ao falar de jam sessions, é inevitable asociar o concepto aos xéneros nos que a nivel histórico é máis habitual as reunións para tocar de xeito improvisado, o jazz e o blues (con permiso da música tradicional). En Galicia non cabe dúbida que o pub Dado Dadá, en Compostela, se mantén desde hai tres décadas como estandarte destes xéneros, e desde hai xa 13 anos desenvolve as súas jam sessions. Segundo explica Carmen Eixo, responsable do local, desde o primeiro momento en que puxemos a andar isto quixemos facer algo cos músicos galegos porque o jazz concretamente, sen un escenario e sen a improvisación non é igual. Nese sentido o ciclo Galicia 5 Estrejazz concentra cada martes un bo feixe de amantes deste xénero. A depender da noite, poden pasar entre vinte ou trinta músicos. Nunha ocasión, mesmo estaba o local cheo, despois dun concerto que houbera na cidade, e só había catro ou cinco clientes que non tocaban, lembra Eixo.
Cristalización
Obviamente, ao longo desta longa experiencia, as sesións de improvisación teñen cristalizado en máis proxectos. Fóronse formando novos grupos, a xente coñecese no escenario e isto é importante para avanzar neste campo. Ademais, segundo ela, desde o comezo desta actividade se detecta un mellor nivel e está a mellorar moito o panorama jazzistico en Compostela e en Galicia en xeral. Ademais, o pub ten rexistrados os resultados dalgunhas destas noites, e mesmo comezou a transmisión en directo pola rede destas sesións. Temos un problema co ancho de banda, pero agardamos recuperar en breve o proxecto, explica Eixo.
Fusións
Para alén do jazz, os xoves o local acolle tamén jam sessions centradas no blues. En ámbolos casos, malia a que os estilos poidan semellar minoritarios, participan a miúdo músicos doutros campos. Notamos que cada vez participa máis xente doutras culturas musicais, como o folk ou a clásica. Anímanse a subir e é moi enriquecedor, acábase fusionando unha grande cantidade de estilos, sinala a responsable deste pub. Malia ao éxito do formato, a responsable do Dado pensa que aínda precisamos algo máis de apoio e que haxa máis información. A min gustaríame chegar a un momento no que todos os días se puidese facer o mesmo que facemos os martes e os xoves, conclúe.
Jams heterodoxas
Na Coruña, a Sala Garufa achega unha curiosa variante deste fenómeno. Desde hai cinco anos, dedícan algunha noite da semana a actuacións de grupos abertas á colaboración do público. Non se convocan como jam sessions. Realmente nós o que temos é unha programación estable con dous grupos residentes que están abertos nas súas actuacións á colaboración dos músicos que pasan por alí explica Pepe Doré, responsable do local. Máis concretamente, os mércores pódese escoitar, e interactuar, con Rockers go to Hell, que se dedica ao swing, ao country e ao rock and roll dos anos cincuenta. Os xoves é Hit Experience quen toma o relevo cun repertorio baseado no rock dos anos 70. Entre os dous teñen un repertorio de como 120 temas, os asistentes coñécenos e colaboran. Realmente partimos dun grupo que abre a sesión, que ten un repertorio e que dirixe un pouco a sesión. Non é unha jam no sentido de que non é totamente libre. O formato funciona e, polo xeral, consegue encher a sala de público. Se son músicos experimentados e teñen un certo predicamento, a xente que vén non sae defraudada. Ás veces consegues menos éxito programando un concerto, lembra Doré. Dentro da vonta de experimentar con este formato, o local chegou a programa, os martes, unha sesión de bolero jam. Fixemos ese experimento hai uns meses, pero a verdade é que non funcionou, tamén porque é un día algo complicado a nivel de público. A idea está aparcada polo momento, pero estamos abertos a retomala.
Os novos
Un dos últimos locais en se sumar ás jam sessions foi A fábrica de chocolate en Vigo, que desenvolve sesións deste tipo desde hai tres meses, co blues e o pop son os estilos protagonistas. Facémola o primeiro e o terceiro mércores de cada mes. A columna vertebral do proxecto lévao o grupo Phantom Club, e logo participa a xente que se queira achegar, expli Jorge López, desde este espazo. Polo xeral participan entre 10 e 15 músicos, que conseguen congregar preto dun cento de persoas en cada edición. Aos poucos vaise afianzando esta actividade. Para nós é unha experiencia nova, que nos permitía cubrir un pouco a actividade do mércores e lle dar tamén algo de saída a xente. Vigo é unha cidade que ten moitos artistas, sinala.
Obviamente, son moitos máis os locais que apostan por este formato no país. Veteráns como o Clavicémbalo en Lugo ou o Jazz Filloa na Coruña mateñen o facho, e cada vez son máis os espazos que acollen estas sesións nas que, ademais de escoitar, tamén pode un se incorporar á banda.