
Desde 1990 o Museo Provincial de Lugo recolle en depósito o material que se obtén das escavacións arqueolóxicas que se realizan en toda a provincia, tal e como establece a Lei de Patrimoino de Galicia. “Desde aquela o centro leva o control da intervencións que se fan en todo este territorio, pero a partir de 2005 non se recolleron novos materiais porque os noso almacéns están cheos”, explica MarÃa Ofelia Carnero, comisaria da mostra e unha das responsables do Departamento de ArqueoloxÃa e Historia deste centro. Deste xeito explÃcase o perÃodo escolleito para esta exposición, coa que tamén se quere chamar a atención sobre os problemas que está a ter este espazo para cumprir o seu labor de despositario destes bens. “Nese intervalo de quince anos depositouse moito material e fixéronse moitas intervencións”.
O pasado de Lugo
“A provincia de Lugo é moi rica arqueoloxicamente”, recoñece Ofelia. “Hai perÃodos máis representados, e por exemplo na mostra temos que dar un salto desde o Megalitismo á Idade do Ferro, porque non hai materiais que se poidan adscribir con certeza ao Bronce. Logo do perÃodo castrexo hai verdadeiras marabillas”, completa. “Do perÃodo romano case todas as pezas que se conservan son da capital e dos arredores. DestacarÃa desa época as dúas estelas bifrontes que se atparon na propia muralla”. Durante os anos que abrangue a mostra, no entanto, avanzouse tamén no pasado da cidade fóra deste perÃodo. “Lugo non é só romano, hai material de antes e de despois”, lembra Carnero. Nos últimos tempos, os achados máis relevantes chegan do pasado máis fondo da provincial. “De 2005 en adiante está ase revolucionar o coñecemento do paleolÃtico coas intervencións nas covas de Eirós ou Valdevara. Na exposición hai un pequeno exemplo, pero na provincia contamos con depósitos moi ricos que darÃan para mostras propias”.
Os achados
Boa parte do material que se custodia no Museo é resultado de escavacións de urxencia, realizadas para coñecer e preservar o pasado de lugares nos que se realizan obras públicas ou se erguen edificios. “Deste tipo de intervencións aparece sobre todo material do mundo castrexo”, explica a responsable de arqueoloxÃa do Museo. “Pero desde logo son os depósitos que se investigan con máis tempo os que dan máis material”. AÃnda que o coñecemento sobre o pasado de Lugo vai avanzando, as posibilidades de investigar o material depositado no Museo non son todas a que deberÃan. “Hai material de moitos depósitos aÃnda pendente de ser entregado e promete moito”, lembra Carnero.
A investigación
A falta de espazo é determinante á hora de que as empresas que fan as escavacións poidan achegarlle a esta institución os restos que recuperan, aÃnda que non sempre a demora nas súas achegas son por esta causa. “Hai empresas que envÃan o material, e en ocasións mesmo con pezas xa restauradas. É o caso de material do Castro de Cervantes, por exemplo”. Do mesmo xeito, en ocasións desde estas mesmas empresas saen artigos que explican e datan determinadas pezas. “Os directores da escavacións teñen facilidades para poder traballar sobre os materiais que descobren, e se queren publicar algo é normal que o fagan. Algunhas das pezas que custodiamos si están publicadas, pero a maiorÃa non. Ao dalas a coñecer con esta mostra agardamos que apareza máis xente interesada en traballar nelas”. O traballo dos investigadores no Museo é outra das eivas coa que se enfronta o centro “precisamos dun sitio onde se poida ordenar e traballar con isto, non só para nós, senón para todos os investigadores”.
O público
Do que non teñen dúbida na sección de ArqueoloxÃa e Histori do Museo de Lugo, é de que o patrimonio de custodian posúe grandes posibilidades para chegar ao grande público. “Na inauguración a xente quedou bastante sorprendida, e iso que só ven unha pequena parte do que hai”, explica Carnero. De xeito paralelo á mostra, está a se desenvolver unha serie de actividades culturais que inclúen obradoiros, unha proxección audiovisual ou visitas guiadas “están chamando moitos grupos, a ver se os damos atendido a todos”, explica. “O mesmo hai que modificar o concepto de Museo ou das exposicións, pero a arqueoloxÃa en Lugo ten moito futuro, moito que facer, moito que amosar e que investigar”, conclúe.
GalerÃa: ArqueoloxÃa 1990-2005

Cicel
Fonte: Museo Provincial de Lugo

Punta de sela
Fonte: Museo Provincial de Lugo

Grella de forno
Fonte: Museo Provincial de Lugo

Escudela
Fonte: Museo Provincial de Lugo

Doa
Fonte: Museo Provincial de Lugo

Machadiña
Fonte: Museo Provincial de Lugo

Colgante
Fonte: Museo Provincial de Lugo

Chocallo
Fonte: Museo Provincial de Lugo

Chave
Fonte: Museo Provincial de Lugo

Tesoiras
Fonte: Museo Provincial de Lugo

Anforeta
Fonte: Museo Provincial de Lugo

Estela Bifronte
Fonte: Museo Provincial de Lugo

Esqueleto orixinal
Fonte: Museo Provincial de Lugo