O Álbum de Galicia inclúe aos poetas Faustino Rey e Baldomero Isorna

Débeselles o inicio das representacións do desembarco viquingo de Catoira en 1962

  • Dende hoxe o Álbum de Galicia, a colección en liña de biografías do Consello da Cultura Galega (CCG), incorpora as entradas do sacerdote Faustino Rey Romero (Rianxo, 1921 – Bos Aires, 1971) e do xurista Baldomero Isorna Casal (Catoira, 1916 –...

O Museo Massó abre as súas novas salas

A Xunta investiu 1,4 millóns de euros na ampliación do centro de Bueu, que duplica o seu espazo expositivo

  • Coa visita do conselleiro de Cultura, Xesús López, o Museo Massó de Bueu inauguraba este 29 de xullo a ampliación do seu espazo expositivo. O investimento de 1,4 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia permitiu rehabilitar dous andares do...

Premio do Público da MIT para 'Reconversión'

A montaxe de Ibuprofeno Teatro reconstrúe a historia do sector naval de Vigo

  • O público da Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia destacou nos seus votos á montaxe 'Reconversión', da compañía Ibuprofeno Teatro como a súa favorita. O espectáculo recibe así o Premio do Público desta 41 edición do evento, seg...

Xunta e RAG propoñen cambiar 2.352 nomes de concellos, parroquias e lugares

Son as conclusións da actualización de traballos do Nomenclátor de 2003

  • Xunta e Real Academia Galega estiman cambiar a denominación de 14 concellos, 183 parroquias e 2335 lugares. Así o sinalou o conselleiro de Cultura, José López Campos, na presentación das conclusións da actualización do Nomenclator oficial de G...

Miguel Leiro gaña o Premio Nacional de Deseño

O xurado recoñéceo como expoñente e exemplo da nova xeración de deseñadores

  • ...sidades ven de conceder o Premio Nacional de Deseño 2025, na modalidade Xoves Profesionais a Miguel Leiro Fernández-Cuesta. O xurado ve nel "expoñente e exemplo dunha extraordinaria xeración de deseñadores novos" e recoñece "a súa audacia creativa e ...

A Xunta amplía o alcance do plan de intervencións arqueolóxicas

A partida para escavacións e postas en valor incrementouse nun millón de euros

  • A Xunta investirá este ano 1,5 millóns de euros en 81 accións en xacementos, de acordo co Plan de actuacións arqueolóxicas. Serán investimentos destinados "ao acondicionamento, conservación, investigación, catalogación e divulgación dos nos...

A cuarta edición do festival Abanea de danza chegará a cinco concellos

Do 16 ao 20 de xullo visitará Ames, Outes, Marín, Foz e Celanova con espectáculos de nove compañías

  • O Festival Abanea celebrará entre o 16 e o 20 de xullo a súa cuarta edición cun programa de danza contemporánea de distintos estilos que distribuirá 15 funcións de nove compañías entre os concellos de Ames, Outes, Marín, Foz e Celanova co ap...

O Outono Lírico de Vigo programará a ópera Werther de Massenet

O festival desenvolveranse entre setembro e outubro

  • O Festival Outono Lírico de Vigo ofrecerá o 8 de novembro a ópera Werther, de Jules Massenet. Así se deu a coñecer tras da sinatura do convenio entre o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o presidente da Asociació...

Os documentos do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de 1936 chegan á rede

Xunta e Instituto Padre Sarmiento dixitalizaron un milleiro de fondos vencellados á elaboración deste texto

  • Un milleiro de documentos dos traballos de elaboración do Anteproxecto do Estatuto de Autonomía de 1936 están dispoñibles na rede desde este 25 de xuño. A Xunta e o Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, que fai parte do Centro Superior d...

A travesía vital e artística de Díaz Pardo amósase no Museo de Belas Artes

A exposición 'A barca de Caronte' reúne preto de 150 pezas do artista ou achegados nun percorrido pola súa vida

  • O Museo de Belas Artes da Coruña ven de inaugurar a mostra 'A barca de Caronte. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo'. Esta exposición comisariada polo fillo de Díaz Pardo, Xosé Díaz Arias, en colaboración co equipo técnico do museo coruñé...

A Fundación Rosalía elixe a María Reimóndez para a súa residencia literaria en Inglaterra

No intercambio a autora británica Fiona Sampson levará a cabo o seu proxecto en Padrón

  • A escritora María Reimóndez vén de acadar a primeira residencia literaria que convoca a Fundación Rosalía en intercambio con Inglaterra en colaboración coa autora británica Fiona Sampson e a Lower Brinsop Writers House en Hereford (Inglaterra)...

Celanova acolle o XXI Curso de Medios Audiovisuais

A proxección exterior do sector protagoniza a nova xeira do encontro entre os días 23 e 27 de xuño

  • Co lema Audiovisual galego. Traspasando fronteiras , a vila de Celanova acolle entre os días 23 e 27 de xuño o vixésimo primeiro Curso de Medios Audiovisuais. A veterana cita analizará a proxección exterior do sector galego da man de nomes desta...

Co patrimonio no corpo: os nomes das cantareiras

O proxecto Entre todas pon de relevo o peso que teñen as vidas das persoas na transmisión da tradición oral

  • Cando falamos de cancioneiros, adoitamos pensar nun corpus de cantigas que se transmiten entre xeracións. Non entanto, o xeito no que chega a nós ese legado está condicionado por toda unha serie de persoas coas súas relacións, preferencias perso...

A RAG sobe á rede o arquivo musical da Banda Garrote

O repositorio Galiciana ten xa dispoñible un milleiro de partituras

  • Boa parte dos fondos da histórica Banda Garrote, que desenvolveu a súa actividade entre 1886 e 1963, están xa dispoñibles na rede. Xabier Garrote Cobelo, herdeiro do legado patrimonial, cedeulle á Real Academia Galega os fondos da agrupación mu...

A Xunta opta por comprar o baixo onde están os murais de Lugrís

A idea púxose sobre mesa nunha reunión hoxe con representantes do Concello

  • O futuro dos murais de Urbano Lugrís existentes nos números 25 e 27 da rúa Olmos da Coruña, declarados BIC e mercados pola Xunta de Galicia, segue sen aclararse pero pode estar máis cerca dunha decisión definitiva. Nun encontro celebrado hoxe a...

O Equipo Chaira e a nonaxenaria María da Vrea levan os premios Mestre e Mestra da Memoria 2025

Recoñecen a traxectoria e labor persoal ou grupal a favor da preservación da literatura de tradición oral

  • A AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) vén de elixir a través do grupo de traballo da Sección de Literatura de Tradición Oral as persoas distinguidas cos premios Mestre e Mestra da Memoria 2025, que veñen recoñecer a t...

Abril Camino gaña o Premio Xerais de novela con Mulleres que viven xuntas

Érica Esmorís fíxose co Premio Merlín e Andrea Maceiras co Jules Verne

  • A editorial Xerais daba a coñecer este sábado 24 de maio o fallo dos seus premios de narrativa, dotados con cadanseus 10.000 euros. Abril Camino foi a gañadora do XLII Premio Xerais de Novela coa obra Mulleres que viven xuntas , que se impuxo entr...

O premio de Cannes lanza a proxección internacional de 'Sirât'

O filme de Oliver Laxe xa se promove como posible candidata aos Oscar

  • O triunfo da nova película de Óliver Laxe, 'Sirât', acadando o Premio do Xurado 'ex-aequo' (xunto co filme xermano ' In die sonne schauen' de Mascha Schilinsk) no Festival Internacional de Cannes, impulsa con entusiasmo esta produción cara a súa...

Chega aos cines 'Antes de nós'

O filme sobre Castelao tivo onte a súa preestrea na Coruña e esta semana estará en once localidades galegas

  • Despois de ter a súa preestrea onte na Coruña, 'Antes de nós', o filme sobre Castelao con guión de Pepe Coira, produción de Zaza Ceballos e dirixido pola cineasta Ángeles Huerta (Gijón, 1974) chegará este venres 23 ás salas de cine. Nesta pr...

A dispoñibilidade de propostas na nosa lingua para o público novo é insuficiente

O Observatorio da Cultura Galega presenta o informe Oferta e demanda de produtos e servizos culturais en galego para a infancia e mocidade

  • O Observatorio da Cultura Galega do Consello da Cultura presentaba na mañá deste 22 de maio o informe Oferta e demanda de produtos e servizos culturais en galego para a infancia e mocidade . Esta análise verifica que existe demanda para este tipo ...