A RAG sobe á rede o arquivo musical da Banda Garrote

O repositorio Galiciana ten xa dispoñible un milleiro de partituras

O repositorio Galiciana ten xa dispoñible un milleiro de partituras
Partitura d'Os noitébregos da Penela, de Manuel Garrote Armada. Fonte: Colección da Banda Garrote. Arquivo da RAG
Boa parte dos fondos da histórica Banda Garrote, que desenvolveu a súa actividade entre 1886 e 1963, están xa dispoñibles na rede. Xabier Garrote Cobelo, herdeiro do legado patrimonial, cedeulle á Real Academia Galega os fondos da agrupación musical e a RAG acaba de publicar unha primeira selección dos mesmos no repertorio dixital Galiciana.

Os fondos que xa están dispoñibles comprenden un milleiro de partituras de 64 compositores galegos, e irase ampliando ata as 6.000 partituras que compoñen o legado desta formación. Pezas de Reveriano Soutullo, Lodeiro Piñeiroa, Felipe Paz Carbajal, Higinio Cambases Carrera ou o propio Andrés Garrote Armada fan parte do material que se pode consultar. Ademais, tamén están dispoñibles os dous libros de entradas e saídas nos que Manuel anotou con minuciosidade todo tipo de detalles da actividade cotiá da banda entre 1909 e 1919.