A coincidir co aniversario do seu falecemento, o 16 de xaneiro de 1959, a Real Academia Galega publicou no repositorio dixital Galiciana o fondo SofÃa Casanova. Este legado, depositado na institución en 1971, recolle cartas, manuscritos, fotografÃas e artigos sobre esta escritora e xornalista, "unha das primeiras españolas que exerceron como correspondente de guerra, testemuña directa da Revolución Rusa e a primeira periodista estranxeira que entrevistou a Trotski", segundo lembra a institución.
O material que agora se pode consultar na rede é un conxunto de 55 cartas, 61 orixinais de poemas e memorias e mais un conxunto de artigos e cartas sobre a autora. Unha documentación que "permite afondar no lado máis persoal dunha muller pioneira que foi membro correspondente da Real Academia Galega dende a fundación da institución en 1906 e de honra dende 1952".
Entre as notas, consérvase un manuscrito de 1929 no que a autora dá conta da súa vida en Polonia, onde casou e criou tres fillas, e de como viviu a I Guerra Mundial e mais a Revolución Rusa. O texto recolle tamén o retorno da autora á Coruña en 1919, onde foi recibida con grande entusiasmo.