A RAG incorpora 75 publicacións históricas da súa hemeroteca a Galiciana

O legado inclúe cabeceiras históricas como O Tío Marcos d`a Portela

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
A RAG incorpora 75 publicacións históricas da súa hemeroteca a Galiciana

Galiciana - Biblioteca Dixital de Galicia acaba de incorporar 75 publicacións históricas dixitalizadas ao seu repertorio. A Real Academia Galega presentaba onte este legado que chega ao público a través do traballo de dixitalización que a institución acometeu dos seus fondos. Segundo explica a RAG, a nova achega comprende "75 publicacións periódicas históricas de fondo galego conservadas na hemeroteca da institución" con títulos como a pioneira O Tío Marcos d`a Portela, O Tío Pepe, publicación agrarista editada en 1913; As Roladas: folla dos rapaciños galegos (1922), o primeiro intento de facer unha revista infantil na nosa lingua ou a revista católica Logos (Pontevedra, 1931-1936) entre outras cabeceiras.

As novas incorporacións dixitalizáronse da man das axudas da primeira convocatoria de subvencións para a dixitalización do patrimonio cultural de Galicia da AMTEGA e suman preto de 140.000 páxinas. A RAG anuncia a vindeira incorporación á plataforma Galiciana doutras 29 revistas dixitalizadas con anterioridade.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Galiciana, Real Academia Galega, Pontevedra

Claves

Lugares