Os festivais dan a benvida a xullo

Comezan hoxe o Fisterra Blues Experience, Vive Nigrán, e Rock in Río tea

  • Remata o mes de xuño e comeza con xullo a tempada máis activa de eventos de verán. Entre eles varios pequenos festivais que en ámbitos locais fóra dos circuítos dos grandes eventos, dinamizan as súas zonas cunha oferta marcada pola calidade e ...

Luisa Villalta protagonizará o Día das Letras Galegas de 2024

A celebración coincide con vinte aniversario do falecemento da poeta

  • A Real Academia Galega escolleu por maioría dedicar o Día das Letras 2024 á escritora Luísa Villalta. O Pazo de María Pita, na Coruña, acollía na mañá deste 29 de xuño o pleno no que a institución escolleu o nome da persoa homenaxeada na e...

O naufraxio do City of Agra volve lembrarse en Camariñas

Un programa de actividades de tres días rememorará o suceso no 126 aniversario

  • As vilas de Camelle e Arou, do Concello de Camariñas na Costa da Morte, volverán lembrar este ano un dos naufraxios máis coñecidos da zona, o do City of Agra, acontecido fai 126 anos. Baixo o título "City of Agra. 16 anos na memoria" preséntase...

O cineasta Asghar Farhadi protagoniza a nova mostra do CGAC

A beirarrúa pode visitarse ata o vindeiro 10 de setembro

  • Desde o pasado 22 de xuño o Centro Galego de Arte Contemporánea, en Santiago de Compostela, acolle a exposición Asghar Farhadi. A beirarrúa . O cineasta iraniano protagoniza esta proposta, pioneira sobre a súa figura a nivel estatal. A fotograf...

Fernando Castro gaña o XXXV Premio de Novela Manuel García Barros

O escritor asturiano acadou o voto maioritario do xurado entre as 22 obras presentadas este ano

  • "Entomoloxía para misioneiros" é o título da novela do asturiano Fernando Castro Paredes (Tapia de Casariegos, 1975) coa que ven de gañar o XXXV Premio de Novela "Manuel García Barros (Ken Keirades)", do Concello da Estrada. O xurado, que se dec...

O fenómeno Luís Davila

O premio Trasalba recoñece a traxectoria dun humorista gráfico que se constituíu como un referente xeracional

  • O domingo 25 de xuño Luís Davila recolle o Premio Trasalba. A distinción que outorga a Fundación Otero Pedrayo recae por vez primeira nun humorista gráfico e pon de relevo unha figura que comezaba a súa carreira hai un cuarto de século. Desde ...

A Real Filharmonía dedica a súa nova temporada ás Migracións

A diversidade e o exilio protagonizan boa parte dos concertos da formación

  • A se estrear como responsable artístico da formación, Baldur Brönnimann daba a coñecer este 21 de xuño a nova temporada da Real Filharmonía de Galicia en Santiago de Compostela. Migracións é o título deste programa e o fío que integra todas...

O Museo de Pontevedra dedica unha exposición a Rafael Úbeda

Recollerá medio cento de obras do pontevedrés desde 1990 ata a actualidade

  • O Museo Provincial de Pontevedra inaugura mañá a exposición 'Rafael Úbeda. Expresións cromáticas’, que reúne medio cento de obras realizadas desde a década de 1990 ata a actualidade polo pintor Rafael Úbeda (Pontevedra, 1932). Pilar Corred...

Medio cento de eventos para a 40 Mostra de Teatro de Cangas

O programa ofrece cinco estreas absolutas e a compañía Tanxarina recibirá o Premio 'Xiria'

  • A Mostra de Teatro Internacional Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) celebra este ano a súa 40 edición e faino enchendo a vila de teatro durante 14 días. Desde o vindeiro domingo 25 de xuño até o 8 de xullo, Cangas acollerá teatro, danza, colo...

Armas cargadas e rosas polémicas

Live Nation iniciará accións legais contra o concello de Vigo ao frustrarse o patrocinio de 1,9 millóns para o concerto de Guns N' Roses

  • Levan meses enchéndose páxinas nos medios a conta do concerto en Vigo da banda americana Guns N' Roses, finalmente celebrado este pasado luns, 12 de xullo. Desde o anuncio desta parada na xira europea do mundialmente coñecido grupo de rock califor...

Gustavo Pernas entra no Álbum de Galicia

A biografía recoñece a súa voz propia que o converteu nunha figura fundamental das artes escénicas

  • O Álbum de Galicia que mantén en liña o Consello da Cultura Galega ven de engadir desde hoxe unha entrada dedicada ao dramaturgo, director de escena e actor Gustavo Pernas Cora (Viveiro 1959 - A Coruña, 2018). A colección dixital de biografías ...

A Cidade da Cultura contará cun novo espazo exterior para eventos

A fundación que xestiona o complexo destina 511.000 euros a acondicionar a área

  • Cun orzamento de 511.643 euros, a plataforma Contratos de Galicia publicaba este 7 de xuño a convocatoria para licitar a "Construción da reurbanización da área chamada Campo de Ocio na Cidade da Cultura de Galicia". A Fundación que xestiona o co...

O CCG debate sobre os encoros e o patrimonio cultural

Celebrarase en Compostela o martes 13 de xuño

  • O vindeiro martes 13 de xuño o Consello da Cultura Galega acollerá a xornada "Encoros, arquitectura, enxeñaría e patrimonio. Novas paisaxes da auga", organizados dentro da serie "Encontros monográficos co Patrimonio Cultural", da que fará a ent...

O Día dos Arquivos achega estes centros de documentación ao público

A Xunta anuncia unha trintena de actividades arredor do 9 de xuño

  • A coincidir coa celebración este nove de xuño do Día Internacional dos Arquivos, a Xunta de Galicia anuncia unha trintena de actividades para achegar ao público o traballo dos cinco centros de documentación que xestiona. Deste xeito, visitas tea...

O Liceo de Ourense outórgalle a súa Medalla de Ouro a Xesús Alonso Montero

O académico recollerá o galardón o este 6 de xuño

  • Este seis de xuño ás 20 horas a sede do Liceo de Ourense acolle a entrega da Medalla de Ouro desta sociedade ao catedrático en filoloxía e académico Xesús Alonso Montero. A directiva esta entidade quixo recoñecer o traballo deste investigador ...

O Códice Calixtino e outros códices da catedral de Santiago poderanse ver do 5 ao 9 de xuño

A Catedral de Santiago organiza xornadas de portas abertas polo Día Internacional dos Arquivos

  • Para celebrar o Día Internacional dos Arquivos, a Catedral de Santiago organizou unha serie de xornadas que permiten explicar o traballo no arquivo catedralicio. As xornadas inclúen un roteiro explicativo polo Arquivo e a Biblioteca da catedral. Ta...

O novo álbum de Boyanka Kostova amosa a versatilidade rap do dúo

Os composteláns publican con Ernie Records 'Os meus peidos cheiran a pétalos perfumados`

  • O dúo compostelán Boyanka Kostova non quere deixar a ninguén indiferente e co seu estilo trap recoñecible e inimitable veñen de presentar o que é o seu novo traballo longo, o primeiro publicado baixo o selo Ernie Records co que xa traballaba un...

A música galega á luz dos X Premios Martín Códax

A estabilización dos xéneros emerxentes e a maior diversidade xeográfica fanse presentes na instantánea do sector de 2023

  • Cando fan dez edicións, os Premios Martín Códax da Música continúan a achegar unha instantánea do panorama sonoro do noso país. O descenso de propostas de Música Electrónica e o incremento de candidaturas nas categorías de Música Clásica,...

Falece Daniel Barata, antigo conselleiro de Cultura

Ocupara o posto entre 1990 e 1993, baixo o goberno de Manuel Fraga

  • O que fora conselleiro de Cultura entre 1990 e 1993, Daniel Barata Quintas, falecía este 31 de maio aos 79 anos de idade. Nado en Rairiz de Veiga, desenvolveu carreira no sector educativo, onde desenvolveu tarefas de profesor, inspector e delegado d...

Mar Mato faise co XX Premio Fernández del Riego de Xornalismo

Un volume compila os traballos premiados nas dúas décadas do galardón

  • O artigo Réquiem por un sombreiro , publicado no Faro de Vigo valeulle a Mar Mato facerse co Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego na súa vixésima edición. A redactora recibiu o galardón, dotado con 10.000 euros, este 30 de maio ...