Mar Mato faise co XX Premio Fernández del Riego de Xornalismo

Un volume compila os traballos premiados nas dúas décadas do galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O artigo Réquiem por un sombreiro, publicado no Faro de Vigo valeulle a Mar Mato facerse co Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego na súa vixésima edición. A redactora recibiu o galardón, dotado con 10.000 euros, este 30 de maio nun acto que se desenvolveu na sede de Afundación en Vigo e no que se seleccionou o seu traballo entre tres finalistas.

Canda a ela, foron seleccionados como finalistas o artigo de Begoña R. Soteliño Gafas de pasta, cores de Warhol... Letras Galegas e o de Manuel Varela Cando atopei a paz nun Dacia, publicados en La Voz de Galicia. A organización do certame apuntou a alta participación desta xeira, que bateu marcas con 32 traballos a concurso.

Víctor F. Freixanes, presidente do xurado destacou tamén a calidade dos traballos presentados "que no caso das tres finalistas foi poñer en palabras as emocións e sentimentos profundos que todos temos. Os vosos traballos son moi intensos e están moi ben escritos e corroboran a idea que comentabamos o ano pasado: as xornalistas literarias engrandecen a nosa literatura".

Canda a el, fixeron parte do comité de selección Fina Casalderrey, María Varela, Gloria Rodríguez López, Xosé Carlos Caneiro e Francisco Castro, premiado na anterior edición.
A coincidir co vinte aniversario deste certame, Afundación publicou un volume que compila todos os traballos que se premiaron na súa traxectoria. No mesmo incluirase, a xeito de separata, o artigo gañador desta xeira.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, Afundación, Faro de Vigo, Francisco Castro...