Cristina Pato (Ourense, 1980), gaiteira, pianista clásica, escritora e educadora ven de ser recoñecida como xornalista literaria. O xurado do XVIIº Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego decidiu outorgarlle o galardón polo seu artigo Realidades paralelas publicado no diario La Voz de Galicia. Afundación, a Obra Social de ABANCA celebrou onte no Café Moderno de Pontevedra o acto de entrega do galardón. MÃriam Ferradáns e Diego Giráldez foron finalistas xunto coa artista ourensá. O presidente do xurado, VÃtor Freixanes, destacou o compromiso de Afundación coa cultura e quixo acentuar o valor do "xornalismo literario, que é o tipo de xornalismo que recoñecen estes premios, xa que nel se integran textos destinados a perdurar e a ofrecer literatura nos xornais. Cristina Pato relatou no seu artigo unha metáfora do amor interxeracional á que podemos regresar, co mesmo interese de hoxe, dentro de moitos anos", dixo o académico. O galardón dotado con 10.000 euros, recoñece artigos escritos en galego, publicados en medios de comunicación de prensa.
Premio Artista comprometida
A ourensá remata con este premio unha semana que comezou coa concesión o galardón Premio Artista comprometida outorgado pola Fundación Daniel y Nina Carasso. A música foi unha das cinco persoas elixidas para a primeira edición dese premio que recoñece a creadores de todas as disciplinas a nivel internacional en canto ao valor de prácticas artÃsticas esixentes, desenvolvidas no marco de proxectos colectivos e sociais. O xurado do galardón considerou sobre Pato o seu "compromiso permanentemente con iniciativas educativas e sociais, coma o proxecto Silkroad, creado polo violonchelista Yo-Yo Ma", ademais do seu traballo como titular da cátedra de cultura e civilización española na Universidade de Nueva York en 2019-2020, na que valoran que activase "unha ampla programación sobre sostibilidade cultural e responsabilidade social, centrada na memoria cultural e a diversidade a través das artes". Pola concesión deste premio Cristina Pato recibirá 30.000 euros.