Inma López Silva faise co XVI premio de xornalismo Fernández del Riego

Recibirá un galardón de 6000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
A escritora Inma López Silva

A escritora Inma López Silva

A escritora e docente Inma López Silva é a gañadora do XVI Premio de Xornalismo Fernández del Riego, que concede Afundación, a obra social de ABANCA e Ámbito Cultural de El Corte Inglés. O artigo gañador, "Terra rota", publicouse en La Voz de Galicia o 10 de abril de 2018. A gañadora recibirá un premio de 6000 euros. O xurado tamén anunciou os tres finalistas que optan ao XL Premio de Xornalismo Julio Camba: Marta García Aller, polo texto «Cuéntalo» publicado en El Independiente; Manuel de Lorenzo por «De repente, un runner» aparecido en El Progreso; e Cristina Sánchez-Andrade por «En manos de Dios» publicado en La Voz de Galicia. O gañador ou gañadora coñecerase durante o vindeiro outono.

Que che parece esta nova?
92 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, Inma López Silva, La Voz de Galicia, Cristina Sánchez...