Cristina Sánchez-Andrade é a vencedora do XL Premio de Xornalismo Julio Camba

O seu traballo En manos de Dios valeulle os 6.000 euros do galardón

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Cristina Sánchez-Andrade é a vencedora do XL Premio de Xornalismo Julio Camba

O artigo En manos de Dios publicado o 11 de maio de 2018 en La Voz de Galicia valeulle a Cristina Sánchez-Andrade facerse co XL Premio Afundación de Xornalismo Julio Camba. O xurado seleccionou o traballo da autora entre 114 propostas e outorgoulle este galardón dotado con 6.000 euros en metálico. Canda a ela, foron finalistas no certame Marta García Aller por Cóntao, publicado en El Independente, e Manuel de Lorenzo por De repente, un runner, publicado en El Progreso.

O xurado do premio, que Afundación organiza en colaboración co Ámbito Cultural El Corte Inglés, estivo formado por Alfredo Conde, Elvira Lindo; o director de Ámbito Cultural El Corte Inglés, Gervasio Pousadas; o director de Comunicación e Relacións Institucionais de Abanca, Isaac González Toribio, e o historiador, Carlos Valle.

Que che parece esta nova?
233 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cristina Sánchez, Xornalismo, Afundación, La Voz de Galicia...