O artigo "Límites" publicado por Manuel de Lorenzo Paradela no xornal lugués 'El Progreso' ven de facerse co XLIII Premio Internacional Afundación de Xornalismo Julio Camba. No artigo premiado, o xornalista trataba da perda da súa nai. O premio, ao que se presentaron 118 artigos publicados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2021, está dotado con 10 000 euros. O galardón entregouse onte, nun acto en Madrid no Hotel Westin Palace de Madrid, onde o escritor que dá nome ao premio estivo hospedado na derradeira etapa da súa vida entre os anos 1954 e 1962.
Ademais do fallo, no marco da conmemoración do 60 aniversario do falecemento de Julio Camba (Vilanova de Arousa, 1884- Madrid, 1962), e no mesmo hotel presentouse a mostra ao redor da súa figura "Julio Camba. El hombre que no quería ser nada", comisariada por Aser Álvarez. Con fotografías, cartas, documentos persoais, cubertas dos seus libros, un busto do propio Camba e caricaturas de Siro, a través dun código QR, as persoas visitantes poden acceder aos podcasts con algúns dos artigos de Julio Camba. A exposición pode visitarse ata o 16 de decembro no espazo do 1912 Museo Bar do Hotel Westin Palace. O hotel, onde residiu a última etapa da súa vida, sumouse tamén a esta homenaxe coa elaboración dun menú especial na súa honra, "as tapas de Camba".