Francisco Castro faise co XIX Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego

O xurado galardoou o artigo Coiden da música publicado en La Voz de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:
Acto de entrega do XIX Premio de Xornalismo Fernández del Riego

Acto de entrega do XIX Premio de Xornalismo Fernández del Riego

O artigo Coiden da música, publicado en La Voz de Galicia, valeulle ao editor e escritor Francisco Castro facerse co XIX Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego. A organización do galardón daba a coñecer e entregaba este 25 de outubro o fallo, dotado con 10.000 euros.

O Café Moderno Afundación de Pontevedra acolleu o acto de entrega do galardón, ao que tamén asistiron os outros dous finalistas do certame, Diego Giráldez e Cláudia Morán. En total presentáronse a este certame 27 artigos, dos cales Víctor Freixanes, destacou o "talento, que no caso das tres finalistas foi poñer en palabras as emocións e sentimentos profundos que todos temos. Os vosos traballos son moi intensos e están moi ben escritos, vén unha nova xeración de escritoras nos xornais: as xornalistas literarias que engrandecen a nosa literatura".

O artigo gañador é unha defensa do poder da música para espertar emocións e salienta a súa permanencia na memoria mesmo en casos de demencia. O xurado do galardón estivo integrado por Víctor Freixanes, Carlos Valle, Fina Casalderrey, Gloria Rodríguez e Míriam Ferradáns.

Que che parece esta nova?
110 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Castro, Xornalismo, La Voz de Galicia, Francisco Fernández del Riego...