A Real Academia Galega escolleu por maioría dedicar o Día das Letras 2024 á escritora Luísa Villalta. O Pazo de María Pita, na Coruña, acollía na mañá deste 29 de xuño o pleno no que a institución escolleu o nome da persoa homenaxeada na efeméride. A academia define a Villalta como "creadora dunha obra singular e sólida que a converteu nunha das grandes figuras da literatura galega que emerxeron na segunda metade dos anos 80 e primeiros 90" e apunta que "o seu 17 de maio será unha ocasión excepcional par reivindicala en toda a súa amplitude como a intelectual que foi. Villalta é unha escritora para facernos pensar o mundo contemporáneo a través dunha obra marcada polo pensamento apaixonado, a procura do rigor e tamén a exploración estilística".
"Luísa Villalta é unha intelectual. A lóxica, a razón, o pensamento configuran o humus no que enraíza un dos trazos máis significativos da súa voz. Unha poeta do pensamento, en palabras de Pilar Pallarés, que empregaba a poesía para pensar o mundo contemporáneo, como ten subliñado Arturo Casas", expón o texto da proposta que votou a RAG. "Os acentos da súa voz, os focos da súa obra, o alento da súa escrita fan dela unha autora que sorprende na singularidade e pon de relevo, unha vez máis e fóra de estereotipos, a amplitude do campo literario que se estende en trazos de autoras únicas", sinala.
Precisamente en 2024 fanse vinte anos do falecemento da autora, que ao longo da súa vida publicou nove títulos de poesía, catro de narrativa, cinco obras de teatro e diferentes traballos de ensaio ademais de títulos como tradutora e múltiples artigos e colaboracións en diferentes medios. Nada en 1957, en 2003 obtivo o Premio Espiral Maior de Poesía, e a súa figura deulle nome ao premio de normalización da Universidade da Coruña e mais ao premio de proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña.
Na súa produción poética atópanse tíulos como Sete haikús (1985), Música reservada (1991) e Ruído (1995). No teatro publicou o monólogo Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das esfinxes (1991) e As certezas de Ofelia, así como o ensaio O Don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral. En narrativa publicou Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) e, no 2001, As chaves do tempo.
A homenaxeada caracterizouse por un perfil multidisciplinar, xa que sumou á actividade literaria a de intérprete de violín e desenvolveu un importante activismo social en causas como o feminismo. Segundo destacou a académica Margarita Ledo, unha das promotoras da candidatura de Villalta, a autora pode ter un importante atractivo para as xeracións máis novas pero tamén chegará a un abano moi amplo de público. Segundo ela, Villalta "adiántase a moitos temas que estamos a tratar hoxe, aborda as urxencias do presente e atende a cuestións como os dereitos das mulleres.
A candidatura de Villalta foi seleccionada logo de dúas voltas de votacións e obtivo un total de 14 votos fronte a once que colleitou a candidatura do Cancioneiro Popular Galego e un voto en branco. A autora fora recoñecida en 2022 pola plataforma de crítica feminista A Sega como Nosa Señora das Letras.
No mesmo plenario tamén foron elixidos membros correspondentes da institución Bieito Silva, experto de referencia na planificación lingüística escolar e sobre a situación da lingua galega no sistema educativo; Montse Pena Presas, especialista en literatura infantil e xuvenil contemporánea; e Diego Rodríguez, responsable das áreas de patrimonio e cultura da Fundación Barrié.