O Teatro Rosalía de Castro acollerá o pleno da RAG polo Día das Letras

A revista Tempos Novos organiza un coloquio sobre Luísa Villalta o sábado 20 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
O Teatro Rosalía de Castro acollerá o pleno da RAG polo Día das Letras

O pleno extraordinario co que a Real Academia Galega conmemora cada 17 de maio o Día das letras Galegas celebrarase neste 2024 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. A institución indicou que nesta xuntanza se realizarán tres intervencións sobre Luísa Villalta, autora homenaxeada nesta edición, a cargo das académicas Ana Romaní e Margarita Ledo e do académico Euloxio R. Ruibal. A sesión será de entrada libre a completar a capacidade do recinto.

De xeito previo, a revista Tempos Novos, coa colaboración da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, organiza este 20 de abril ás 20 horas un coloquio sobre a autora. O local desta última entidade na coruñesa Rúa San Andrés acolle o encontro, conducido pola xornalista Montse Dopico e que contará coa participación de Mercedes Queixas, Beatriz Maceda e Pilar García Negro.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito