O CCG debate sobre os encoros e o patrimonio cultural

Celebrarase en Compostela o martes 13 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
O CCG debate sobre os encoros e o patrimonio cultural

O vindeiro martes 13 de xuño o Consello da Cultura Galega acollerá a xornada "Encoros, arquitectura, enxeñaría e patrimonio. Novas paisaxes da auga", organizados dentro da serie "Encontros monográficos co Patrimonio Cultural", da que fará a entrega 41. A xornadas persegue "analizar o impacto dos encoros e as súas consecuencias no campo da restauración e conservación dos monumentos e na creación de novas paisaxes culturais". Coordinado polo profesor Juan M. Monterroso, a xornada reflexiona sobre como a construción destas grandes infraestruturas hidraulicas durante o franquismo tivo un gran impacto sobre o territorio e supuxo unha selección, por parte do goberno, dos bens culturais que debían ser rescatados e os que non o foron, ao non seren "tan acordes cos ideais propagandísticos do Estado". No encontro participarán Begoña Fernández, Carlos Tejeda e Carlos Nárdiz. A inscrición no encontro é gratuíta e tamén poderá seguirse en directo por Internet.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

A propósito dos encoros

A propósito dos encoros

Propostas audiovisuais retratan o impacto ambiental e social no noso país dos encoros

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Franquismo, Arquitectura, Internet, Consello da Cultura Galega...