Lembran á profesora Ana Goy cun seminario sobre patrimonio cultural

Celébrase no Museo de Pontevedra o 15 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Museo de Pontevedra acolle este xoves 15 de xuño de 16 a 19.30 h. un seminario que se dedica á memoria da catedrática da Universidade de Santiago de Compostela Ana Goy Diz, finada en setembro de 2022. A historiadora da arte desenvolvera numerosos traballos ao redor de temas moi diversos, como a arquitectura civil do século XIX, o Renacemento, a arquitectura hidráulica, os edificios do século XX ou o gótico. O encontro, coordinado por Diana Duo Ramila, inclúe a diferentes investigadores que foron compañeiros ou traballaron con Ana Goy, como José Manuel García Iglesias, Juan M. Monterroso Montero, Marcos Gerardo Calles Lombao ou José Antonio Ferreiro. Xunto a eles, que abordarán cuestións sobre patrimonio, memoria e identidade, unha segunda mesa abordará outra das facetas de Goy: a xestión do propio patrimonio. A inscrición no seminario é gratuíta.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Arquitectura, Manuel García, José Manuel García Iglesias...