Un simposio actualiza as lecturas sobre o legado de Antonio Palacios

Celébrase no Museo de Pontevedra entre o xoves 4 e venres 5 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Antonio Palacios

Antonio Palacios

"A condición de Palacios como gran figura protagonista na renovación do panorama da arquitectura española do primeiro tercio do século XX motiva a organización deste simposio", explican desde a organización ao redor do encontro "Antonio Palacios. Obra y legado" que se celebrará no Museo de Pontevedra este xoves 4 e venres 5 de abril, cunha saída adicional o sábado para visitar diferentes proxectos do arquitecto porriñés no sur de Galicia. Trátase de achegar "diferentes visións actualizadas de expertos na obra de Antonio Palacios". No programa estudarase o legado do arquitecto, tanto na súa obra como nos seus discípulos, o contexto e as influencias da súa arquitectura ou o desenvolvemento de proxectos concretos, entre outros temas. O simposio está organizado polo Museo de Pontevedra e o grupo de investigación IDEAHS (GI-1510) da Universidade de Santiago de Compostela.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Palacios, Museo de Pontevedra, Arquitectura, Universidade de Santiago de Compostela