O soño urbano de Palacios volve á vida en Vigo

A mostra sobre o arquitecto Antonio Palacios poderá visitarse ata xaneiro de 2022

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Foto: Xunta de Galicia

Foto: Xunta de Galicia

A exposición "Antonio Palacios. Soños de modernidade, compromiso con Galicia", presente no Museo do Mar de Galicia, acábase de inaugurar no Museo do Mar de Vigo. A mostra reúne máis de 200 pezas sobre o emblemático arquitecto galego da primeira metade do século XX que permiten observar tanto a "produción arquitectónica, as inquedanzas artísticas e culturais de Antonio Palacios na súa traxectoria vital entre Galicia e Madrid". Entre as pezas, destaca a réplica do Plan Palacios para a expansión urbanística da cidade, convertida nunha icona dunha modernidade soñada. O orixinal está perdido. A exposición amosa planos de proxectos, imaxes das súas obras en Galicia e Madrid, prensa e pezas orixinais, así como numerosas maquetas e mostras audiovisuais. A mostra pode visitarse ata xaneiro de 2022.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Antonio Palacios, Vigo, Madrid, Museo do Mar de Galicia

Claves

Protagonistas
Lugares