Abordar "diversos aspectos do comportamento e do sentir relixioso do pobo galego desde o pasado ata o dÃa de hoxe" é o eixe do seminario A relixiosidade popular en Galicia: sinal de identidade cultural. O Museo de Pontevedra organiza este encontro, de acceso libre, o 25 de setembro baixo a dirección de José Fuentes Alende.
Nesta cita, segundo adianta o museo "poñerase sobre a mesa a situación actual de prácticas relixiosas que en moitos casos contan coa oposición de autoridades eclesiásticas, son criticadas por investigadores e ridiculizadas por medios de comunicación, a pesar de que son manifestacións recoñecidas e protexidas pola lexislación vixente".
O programa abre cunha conferencia de Salvador RodrÃguez Becerra, catedrático de AntropoloxÃa Social da Universidade de Sevilla, abordará a influencia ordes relixiosas nadas na Baixa Idade Media na conformación da relixiosidade popular. Seguiralle o etnógrafo José Manuel González Reboredo a falar de caracterÃsticas propias deste fenómeno no ámbito galego.
José Ramón Mariño Ferro, pola súa banda, falará sobre as romarÃas de Galicia, centrándose nas súas imaxes e sÃmbolos, mentres Susana González, directora do Centro de Arte Fundación MarÃa José Jove e comisaria da exposición A era das fábulas, do propio Museo "achegarase aos cintos máxicos como amuletos protectores da infancia, situándoos entre a relixión e a superstición". A finalizar a sesión de mañá, o etnógrafo e historiador Clodio González Pérez, falará da historia e devoción en Galicia dos santos das catacumbas.
Durante a tarde José Fuentes Alende, autor do volume Los exvotos en Galicia. Su significación en la religiosidad popular publicado polo Museo, analizará o pasado, presente e futuro desta manifestación, e o cereiro JoaquÃn Diéguez Quintas falará da elaboración dos exvotos de cera. O sacerdote e teólogo Andrés Torres Queiruga exporá a súa visión sobre as relacións entre a Igrexa e a relixiosidade popular. O seminario concluirá cunha mesa redonda entre os participantes, moderada por Erea Castro, conservadora de fondos etnográficos do Museo de Pontevedra.