Falece a catedrática de Historia da Arte Ana Goy Diz

Ingresara na Real Academia de Belas Artes en maio pasado

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A catedrática de Historia da Arte da USC Ana Goy Diz finou hoxe por mor dunha longa enfermidade. Unha ollada ao longo ronsel de publicacións desta profesora no campus de Lugo é boa mostra da prolífica vida profesional e diversidade de ámbitos tratados pola investigadora. Desde arquitectura civil do século XIX, o Renacemento, a arquitectura hidráulica, os edificios do século XX ou o gótico. Ademais, Ana Goy tiña participado en numerosos proxectos de posta en valor de monumentos culturais e de plans directores dos grandes monumentos galegos, sendo tamén representante do Icomos en Galicia. Nos últimos tempos estivo moi vinculada á redacción dos plans para a promoción da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade. Ana Goy ingresara na Real Academia de Belas artes en maio pasado.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Historia da Arte, Belas Artes, Academia de Belas Artes, Arquitectura...