O Álbum de Galicia que mantén en liña o Consello da Cultura Galega ven de engadir desde hoxe unha entrada dedicada ao dramaturgo, director de escena e actor Gustavo Pernas Cora (Viveiro 1959 - A Coruña, 2018). A colección dixital de biografías de persoas que destacaron en moi diversos ámbitos na nosa historia acolle a nova entrada dedicada este artista de referencia da escena teatral galega, aumentando con el o número de biografías deste ámbito da cultura dentro deste Álbum. Coma no caso da recente entrada dedicada a Xosé Manuel Olveira 'Pico', Ana Abad de Larriva asina o texto que debulla a vida e obra de Pernas Cora. Del di Ana Abad que estivo caracterizado "por unha voz propia que o converteu nunha das figuras fundamentais das artes escénicas galegas, e, especialmente, da dramaturxia galega contemporánea". Ademais o texto a entrada neste Álbum de Galicia engade varios materiais dixitais tales como vídeos, publicacións e diversa documentación como entrevistas, intervencións en foros e textos de dramaturxia entre outros recursos que se poden xa consultar.
En 1989 fundou coa súa compañeira, a actriz e directora de escena Ánxela García Abalo, a compañía de teatro Ancora Produccións, na que dirixiu e interpretou os seus propios textos, e na que tiñan como un dos seus principais obxectivos analizar a realidade contemporánea dende o humor pero dun xeito crítico e comprometido; un humor e unha mirada que se irían volvendo máis acedos cos anos, como recoñecía o propio Gustavo. Pola obra "Ladraremos" obtivo en 1997 o Premio María Casares de Teatro ao mellor texto orixinal, peza pola que tamén resultou finalista nas categorías de mellor actor protagonista e mellor espectáculo; con Footing, en 2001, gañou o Premio Rafael Dieste de textos teatrais, que volvería a gañar anos despois con "Final de película", texto polo que tamén obtivo en 2007 o Premio Max de las Artes Escénicas á mellor autoría teatral en galego (ex aequo). No medio recolleu outro Premio Max de las Artes Escénicas á mellor autoría teatral en galego en 2006 por 'Paso de cebra'. Foron algúns dos seus moitos galardóns acadados na súa traxectoria profesional . En 2020, de xeito póstumo, a Academia Galega de Teatro outorgoulle un premio honorífico no marco do I Congreso Internacional do Teatro Galego e en 2022 Escena Galega nomeou a Ancora Produccións socia de honra, destacando a súa traxectoria.
Como sinala Ana Abad, Pernas Cora foi ademais actor de dobraxe e autor de guións audiovisuais, así como de relatos. O cinema foi, como el mesmo dicía, a súa outra grande paixón ademais do teatro, e á que se dedicou dende o campo do ensino, impartindo materias de Guión, Teatro e Linguaxes Audiovisuais na Escola de Imaxe e Son da Coruña, e sendo profesor de Guión no Centro de Formación do Profesorado, profesor de Dramaturxia no mestrado de Estudos Teatrais e Audiovisuais da Universidade da Coruña e de Arte Actual e Dramaturxia tamén nesa mesma universidade, en Pedagoxía Teatral. Foi membro da Comisión Técnica de Teatro da Ponencia de Artes Musicais e Escénicas do Consello da Cultura Galega, onde organizou no ano 2000 as Xornadas sobre Escrita Dramática e participou na publicación do Proxecto para a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.