Levan meses enchéndose páxinas nos medios a conta do concerto en Vigo da banda americana Guns N' Roses, finalmente celebrado este pasado luns, 12 de xullo. Desde o anuncio desta parada na xira europea do mundialmente coñecido grupo de rock californianoata agora, o evento non fixo máis que acumular atención. Non polo seu valor puramente musical, que nunca se chegou a discutir, senón pola maneira en que foron xestionados os recursos públicos para traer a Vigo este espectáculo, creando á súa vez outro espectáculo administrativo de complicado encaixe legal. A filial española da promotora multinacional Live Nation, principal empresa mundial do sector, dona dos dereitos e organizadora da xira da banda estadounidense, anuncia o inicio de accións legais contra o concello vigués que finalmente non patrocinou o concerto con 1,9 millóns de euros como se prevÃa. Detrás de todo este lÃo está un xeito de proceder que comeza cun anuncio por parte do alcalde vigués e remata nun pouco claro e frustrado procedemento administrativo que pon en cuestión o xeito de actuar das administracións públicas á hora de investir cartos públicos en conseguir determinados eventos para os seus territorios.
Falan os feitos
O pasado 11 de maio, o alcalde de Vigo e candidato á alcaldÃa polo partido socialista, Abel Caballera, daba apertura á campaña electora para revalidar o cargo usando a canción "Sweet Child O'Mine”", unha das máis emblemáticas da longa historia de Guns N' Roses. O lema de campaña era "Falan os feitos". Previamente a iso, xa en xaneiro desde o Partido Popular vigués afirmábase ante os medios de comunicación que Caballero estaba en negociacións para a realización do concerto co presidente de Live Nation en España, Pino Sagliocco. As afirmacións non foron confirmadas nin desmentidas polo alcalde vigués nese momento, pero os feitos falaron pouco despois ao aparecer a cidade olÃvica na lista de espectáculos da xira europea, resultando Vigo a única parada desta nunha cidade que estivera por baixo do millón e medio de habitantes. O estadio municipal de BalaÃdos, cunha capacidade para máis de 25.000 persoas (malia que para o concerto de Muse patrocinado pola Xunta o concello só permitiu unha capacidade de 16.000 asistentes), era o lugar elixido para o evento e non tardou o alcalde en saÃr nos medios gabándose da presenza na cidade do grupo californiano. A banda tiña anunciada outra actuación xusto antes, o dÃa 9 de xuño, no Civitas Metropolitano de Madrid reunindo a ao redor de 45.000 persoas. Foron as únicas dúas citas desta xira no territorio peninsular co espectáculo da veterana formación de rock.
No momento do anuncio e co proceso de venda de entradas xa comezado e a bo ritmo, chegou a primeira información sobre un futuro desembolso en forma de patrocinio publicitario por parte do consistorio vigués. A fórmula do patrocinio publicitario non resulta estraña nestas terras inzadas de macroeventos apoiados na campaña do Xacobeo, ou de liñas aéreas que usan dese formato para elixir os seus aeroportos de funcionamento. Ademais da cesión gratuÃta do estadio, as arcas públicas locais Ãan desembolsar 1.891.946,12 euros a través da ConcellerÃa de Festas, pero o pouco habitual era que esa cantidade non tiña aÃnda beneficiario confirmado, Ãa ser para a empresa que concorrese e gañase un proceso de licitación aberta, e asà mesmo o afirmaba o rexedor vigués nunha entrevista con ElDiario.es. O dÃa 24 de abril publicáronse as bases da licitación, cunha data lÃmite de presentación de propostas ata o dÃa 10 de maio. Un total de 15 dÃas hábiles para elaborar e presentar unha proposta ao concello que incluÃse a celebración do concerto "entre o 5 e o 27 de xuño de 2023" por parte dunha banda internacional, cuxo nome non se especifica, pero que, segundo o prego de condicións, tiña que ter gañado un premio internacional de prestixio no eido musical, tal como o Grammy ou o World Music Award ou similar" e ademais posuÃr unha discografÃa de canda menos "cinco discos de estudio, que no seu conxunto superen os 60 millóns de copias vendidas en todo o mundo". O prego incluÃa outras caracterÃsticas da formación a patrocinar que acoutaban en detalle o perfil do concerto.
Defectos, formas e aparencias
O 11 de maio, ao dÃa seguinte de pechar o prazo de entrada de propostas e só coa de Sweet Nocturna para o concerto de Guns N'Roses a valorar, a Mesa de Contratación notificaba á promotora galega un defecto a solucionar no prazo de tres dÃas para poder pechar a licitación. FacÃa falta segundo os pregos de contratación unha copia da escritura da cesión de dereitos de representación en exclusiva do artista. O defecto era de difÃcil arranxo xa que a empresa presentada non era a que os posuÃa, senón a súa asociada, a propia Live Nation, que malia ser a promotora da xira, non era a que se presentara ao proceso vigués. O 23 de maio a Asociación de Empresas Galegas Musicais (AGEM), formada por máis de corenta empresas de sólida traxectoria na industria musical en Galicia, manifestan o seu malestar ante o que consideran fundadas sospeitas de que o Concello de Vigo terÃa articulado un procedemento preparado para garantir a contratación de Guns N' Roses preservando a aparencia de legalidade a través do cumprimento dos principios de contratación do sector público. Agem advertiulle ao Concello de Vigo que resultaba imposible organizar un concerto desta Ãndole no prazo dun mes e medio, sendo como se sinalaba no prego o dÃa 28 de xuño a data lÃmite de celebración do evento. "Só poderÃa darse tal casuÃstica - explicaba AGEM no seu comunicado- se os procesos xa estivesen iniciados, tal e como acontece co concerto de Guns n' Roses". Tomando iso en consideración desde a asociación galega advertÃan que o contrato resultante dese proceso "poderÃa ser articulado en fraude de lei por pretender dotar da seguridade xurÃdica dun procedemento aberto a unha subvención directa para un evento concreto mediante unha actuación indebida, xerando unha grave distorsión no marco colaborativo público-privado para este tipo de actuacións". O dÃa 1 de xuño, a 11 dÃas da celebración do concerto e con todas as entradas vendidas, deuse a coñecer que o concurso quedaba declarado deserto e que os 1,9 millóns de euros non irÃan a ningures. Polo medio celebráranse as eleccións municipais nas que Abel Caballero revalidou a maiorÃa absoluta que o manterá no cargo outros catro anos.
O pasado venres, 16 de xuño, cinco dÃas despois da celebración do concerto en BalaÃdos, estaba prevista ás 13 .00 horas a celebración dunha rolda de prensa en no Hotel AC Palacio Universal da cidade olÃvica por parte de representantes das empresas Live Nation España e Sweet Nocturna. Segundo a convocatoria para medios, as empresas, "despois de ter garantido a realización do concerto de Guns N'Roses" e sinalando que este "perigou en todo momento debido á mala praxe do Concello de Vigo" querÃan "dar a coñecer a súa posición e as accións a tomar contra o Concello de Vigo e o seu alcalde, incluÃndo as xurÃdicas e legais, para que estas malas prácticas, arbitrarias, non volvan ocorrer polo ben do sector", aseguraban. Esa mesma maña desconvocouse a comparecencia ante os medios destas dúas empresas, quedando no aire o tema durante varias horas ata que xa un pouco máis adiante da hora prevista a Asociación de Promotores Musicais, unha entidade estatal da que forman parte ambas empresas emitiu un comunicado relativo ao asunto no que confirmaba, en contacto directo con Live Nation, a intención da promotora de " tomar accións legais contra o Concello de Vigo" tras da cancelación do patrocinio "acordado" de 1,9 millones de euros. A través do comunicado da APM tamén se soubo que Live Nation España atribúe a situación "ás prácticas indebidas do Concello de Vigo e responsabiliza a Abel Caballero de incumprir un compromiso establecido coa promotora", aseguran.
Acordo previo
Segundo a cronoloxÃa de feitos exposta por Live Nation España da que se fai eco a asociación APM, a finais de 2022, o alcalde de Vigo "solicitou ás promotoras musicais Live Nation e Sweet Nocturna a organización de dous grandes concertos en BalaÃdos. Tras una reunión en outubro, Live Nation comunicou a posibilidade de dispoñer dunha data da mÃtica banda Guns N´ Roses tras o cal asinouse un documento de compromiso ese mesmo mes no que se especificaba, por parte do Concello de Vigo, a contribución económica e a cesión do recinto", asegura o comunicado. Desde a promotora lembran que "en estreita colaboración" co consistorio aprobáronse os deseños de lanzamento que incluÃan a presenza do logotipo oficial da institución e que en febreiro xa se anunciou a data do concerto e o comezo en marzo da venda de entradas. Segundo a cronoloxÃa de Live Nation que relatan desde a APM, a finais de abril, se publicou o prego da licitación para o patrocinio, do que non mencionan ter problema ningún ata o momento en que o concello "cuestionou a documentación relativa á acreditación da tenencia en exclusividade da banda para a data anunciada en Vigo e respondeu solicitando máis documentación". A declaración final da licitación como deserta alegando a insuficiencia da documentación presentada, a escasos dÃas da celebración do evento, é cualificada de "absurda" desde Live Nation España, que para argumentar a posición contraria á tomada desde a Mesa de Contratación viguesa remiten ao comunicado anteriormente mencionado da AGEM (Asociación Galega de Empresas Musicais).
Pero a AGEM non defendÃa en concreto a validación dunha determinada documentación ante o sector público senón que poñÃa en cuestión o modelo de procedemento polo que optaba o Concello vigués advertindo da posible existencia dun "fraude de lei". A representación das empresas galegas manifestaban o seu malestar "ante as fundadas sospeitas de que o Concello de Vigo terÃa articulado un procedemento preparado para garantir a contratación de Guns N'Roses preservando a aparencia de legalidade a través do cumprimento dos principios de contratación do sector público". Desde a Agem apercibiuse que este xeito de proceder do consistorio poderÃa "xerar serios prexuÃzos na industria, empregando fórmulas distorsionadas que atentan contra a liberdade de competencia e poñendo en risco a supervivencia de moitas empresas do mercado que invisten recursos humanos e económicos na presentación das súas ofertas con escasas posibilidades de resultaren seleccionadas ao creares unha falsa aparencia de liberdade de acceso á licitación". Con todo desde as empresas promotoras co concerto insisten en que a documentación presentada ao proceso de licitación deberÃa ter sido aceptada , xa que, segundo eles "ten sido válida durante máis de 20 anos para realizar concertos deste tipo en Galicia (e no resto de España)". As promotoras lembran a través do comunicado da APM que a pesares da negativa do concello a resolver de forma positiva o "patrocinio acordado" e "sendo este concerto froito dunha solicitude expresa por parte do Concello de Vigo", decidiron seguir adiante coa montaxe do espectáculo, para o que cerca de 30.000 seguidores da banda californiana xa compraran as entradas, e tiñan "feito os seus plans para gozar do concerto e da cidade de Vigo". E asà foi, o concerto celebrouse con éxito pero sen a presencia agardada do alcalde Abel Caballero, tan habitual nos eventos vigueses de masas. Desde o consistorio gardan silencio ante todo isto e sinalan as promotoras como únicas responsables do concerto e de todo o que teña que ver con el, como repetÃu o alcalde previamente cada vez que foi preguntado ao respecto.
O foco vigués da contenda
Desde a APM engaden á versión de Live Nation a súa "gran preocupación ante a gravidade das situacións" coas que din que se atopan os promotores musicais, trasladando unha sensación pola súa parte de desprotección "ante a arbitrariedade e falta de transparencia na toma de decisións das administracións públicas respecto aos procesos na resolución de achegas e outros trámites" nos que ademais de cuestións de carácter puramente económico engaden a consecución de permisos e licencias para a celebración de eventos musicais. A APM sinala que é esa "arbitrariedade" a que lles causa un enorme dano, "moitas veces irreparable, para os promotores musicais".
O seguinte capÃtulo desta traxedia musical poderÃa ter lugar ante as cortes de xustiza, se Live Nation España mantén as súas intencións declaradas e aà atoparÃanse tamén con outra iniciativa que parte da propia cidadanÃa viguesa. En concreto, detrás da esixencia de clarificación deste asunto desde os seus primeiros pasos, estivo o avogado vigués Ramón Pérez Amoedo, que tras facer numerosas peticións de información ao concello sobre o patrocinio do concerto como cidadán interesado, realizou unha denuncia pública da situación en varios medios de comunicación e anunciou a súa intención de elevar o asunto á fiscalÃa para que desde alà se aborden as supostas anomalÃas do proceso de licitación. O avogado vigués, que en declaracións a Radio Voz asegurou que a súa é unha motivación persoal como cidadán indignado co proceder da administración, afirmou ter solicitado sen resposta ao consistorio a copia do contrato asinado coa promotora, que a propia Live Nation di agora que existe. O avogado dixo estar a estudiar, no mesmo sentido de comprobación da legalidade, o "papeleo" de outros concertos e festivais que se fan en Galicia, por parte do resto de administracións ante a sospeita de que o procedemento posto en cuestión pode existir noutros casos.
Se non era pouca cousa todo isto, desde a Plataforma Músicos de Vigo en Loita, engadiron esta semana a súa protesta contra o alcalde olÃvico por ter incumprido a promesa feita publicamente de impulsar un festival de bandas locais. Segundo lembran desde esta asociación de artistas locais, o dirixente anunciou un festival de rock integrado por formación viguesas e galegas, a celebrar durante varios dÃas na Porta do Sol da cidade e en coincidencia co concerto da banda californiana en BalaÃdos. O anuncio quedou só niso e nunca máis se soubo que o Concello fixese nada ao respecto.