O Museo Provincial de Pontevedra inaugura mañá a exposición 'Rafael Úbeda. Expresións cromáticasÂ’, que reúne medio cento de obras realizadas desde a década de 1990 ata a actualidade polo pintor Rafael Úbeda (Pontevedra, 1932). Pilar Corredoira é a comisaria desta mostra dedicada ao artista, que aÃnda está en activo, aos seus 90 anos, e segue a pintar con constancia nos seus estudios de Samieira (Poio) e Madrid. O tÃtulo da mostra, 'Expresións cromáticas', remite ás esencias multiformes da obra de Úbeda e á exaltación dunha das grandes calidades que comporta a súa pintura, segundo a comisaria: a "expresividade cromática". A exposición amosa principalmente pinturas sobre táboa, pero tamén lenzos e algúns debuxos.
Rafael Úbeda Piñeiro é académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, doutor en Belas Artes pola Universidad Complutense de Madrid e catedrático de debuxo. Foi profesor de pintura en escolas superiores de Belas Artes de Madrid, Barcelona, Tenerife e Pontevedra. Ao longo da súa carreira recibiu numerosos premios e recoñecementos. A súa obra está presente en institucións como o Parlamento Europeo (Bruxelas, Bélxica), o Museo Reina SofÃa, o European Graphic Art Museum en Heidelberg e o Museum Kunstlerkreises de Nordem, ambos en Alemaña, entre outras. É o autor do mural da BasÃlica da Anunciación en Nazaret (Israel), de 162 metros cadrados, ademais doutros murais na igrexa dos Milagres de Amil, no Gran Hotel La Toja e no Concello de Pontevedra. A exposición estará aberta ata o 17 de setembro e durante o mes de xullo o museo levará a cabo o obradoiro 'Ao son de Úbeda', impartido por Pilar Delmas e SofÃa F. de Ana. Trátase dun taller de pintura-collage con materiais reciclados no que, a partir da obra de Rafael Úbeda, as persoas participantes crearán unha libreta de arte personalizada.