Marc Lacroix, Teresa Brutcher e Rafael Úbeda en Ferrol, Lugo e A Coruña

De Lacroix a Úbeda

| Santiago.Redaccion | Seccións: Arte
Compartir:

Arizona e París achéganse estes días ata Galicia. E faino a través da obra de dous artistas. Teresa Brutcher (Arizona, 1955) achega a Lugo en "A un deus descoñecido" poder e sometemento frente á traxedia, mentres que o fotógrafo Marc Lacroix amosa a súas fotografías de Dalí en Ferrol. E isto no mesmo momento no que Rafael Úbeda amosa en A Coruña a súas últimas mostras artísticas.

Marc Lacroix


"O privilexio da mirada" é o título que aglutina máis de cen fotografías, retratos de Dalí, de Gala realizadas polo fotógrafo parisino Marc Lacroix. Ademais, a mostra ofrece montaxes tridimensionais así como diversos espellos que deseñaron conxuntamente Lacroix e Dalí. A mostra, organizada pola concellería de Cultura en colaboración coa Fundación Granell que se exhibe no Centro Torrente Ballester permanecerá aberta ata o día 12 de xaneiro.




Teresa Brutcher



Teresa Brutcher presentou onte en A "Nova Rúa" lucense "A un dios desconocido", unha mostra pictórica que presenta con ironía e sarcasmo unha visión particular do pavor e da realidade actual. Esta pintora norteamericana, afincada en Galicia dende hai sete anos, pretende coa súa obra rendir unha homenaxe a John Steinbeck, do que se sinte unha admiradora.




Rafael Úbeda


A galería Trebellar de A Coruña acollerá ata o día 23 de xaneiro a última obra de Rafael Úbeda, que presenta unha mostra pictórica realizada dende o seu período de docente na Facultade de Bellas Artes de Pontevedra. Esta mostra de Úbeda está influenciada pola música e polos sons, afondando no máis profundo da súa esencia..

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Fragmentos e anacos

Fragmentos e anacos

A Fundación Laxeiro fai unha retrospectiva sobre a colaxe en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Lugo, Deus, John Steinbeck...