O Gaiás acolle a exposición antolóxica sobre o pintor Barreiro

Recolle unha selección de pinturas e debuxos nos últimos 60 anos e poderá visitarse ata o vindeiro mes de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
O Gaiás acolle a exposición antolóxica sobre o pintor Barreiro

"Barreiro. O silencio que chove luz na xanela" é o título da exposición que acolle a Cidade da Cultura de Galicia no Museo Centro Gaiás coa obra do artista José María Barreiro (Forcarei, Pontevedra 1940). A exposición recolle unha selección de pinturas e debuxos nos últimos 60 anos (1963-2023) cun percorrido que nos leva polos distintos lugares da vida do pintor (Pontevedra, Madrid, París, Vigo, Buenos Aires e Santa María de Cela). A mostra debe o seu título a un texto de Lugrís dedicado ao artista, e que deixa constancia da importancia que teñen tamén os textos na sala, con poemas de Oroza e escritos de Cunqueiro, Laxeiro e José Hierro. Para completar a visión sobre a figura do autor, a exposición conta con varias esculturas e documentos que fan referencia á súa vida e círculo de amizades: Lugrís, Oroza, Laxeiro, etc. Ademais pódese ver contido audiovisual, cunha entrevista ao propio artistas que narra a súa traxectoria en primeira persoa. Pilar Corredoira, historiadora da Arte, e Xosé Antón Castro, doutor en Historia da Arte, son os comisarios desta exposición que pode verse no terceiro andar do Museo ata o vindeiro 28 de abril.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Pontevedra, Xosé Antón Castro, Antón Castro...