Antón Pulido e Xosé María Barreiro presentan Un poema para Laxeiro

Homenaxean o pintor con obras que se poden ver en Vigo ata o 19 de febreiro

16/12/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: arte
36 lecturas | Compartido 0 veces

Co título Un poema para Laxeiro. Debuxos e pinturas abría as súas portas este 15 de decembro na Casa das Artes de Vigo unha nova exposición de homenaxe ao pintor. A proposta, comisariada por Xosé Antón Castro, integra a obra de Antón Pulido e Xosé María Barreiro, e supón a terceira mostra do Ano Laxeiro que se desenvolve en Vigo.
O proxecto pon a dialogar os estilos dos dous artistas participantes mediante obras recentes nas que contrasta a proposta figurativa de Barreiro coa abstracción de Pulido, e na que o cromatismo e a xestualidade marcan os puntos de encontro. Segundo o comisario, a selección de obras "tende un cordón esteticamente umbilical ao dobre Laxeiro, o figurativo expresionista e o abstracto".

En total son oito cadros dos dous autores, ademais de diferentes os que ocupan a área de exposicións temporais da Fundación Laxeiro na Casa das Artes, e que se poderán ver ata o vindeiro 19 de febreiro.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados