Unha colección de 150 imaxes fotográficas, cartas, documentos libros, audiovisuais e catálogos compón a mostra 'José Suárez 1902-1974' que remata en Pontevedra unha itinerancia que comezou en 2015 polos lugares nos que viviu e traballou o fotógrafo ourensán (Allariz, 1902 - A Guarda, 1974) . O edificio Castelao do Museo de Pontevedra acollerá ata o vindeiro 18 de abril esta exposición comisariada por Xosé Luis Suárez-Canal e Manuel Sendón que percorre a vida e obra dun dos máis vangardistas e orixinais fotógrafos galegos do século XX. Parte do contido da mostra, 150 fotos en formato 6x6 das que nalgúns casos non existen nin negativos, quedarán a formar parte dos fondos do Museo por expreso desexo do autor. A exposición inicial na que se basea esta mostra itinerante inaugurouse en novembro de 2015 na Cidade da Cultura de Galicia co tÃtulo José Suárez, uns ollos vivos que pensan
A mostra presentarase dividida en tres grandes seccións á súa vez subdivididas en series fotográficas ilustradas con pequenos textos de diversos autores ao redor do seu traballo.Todas as pezas teñen o formato 30x40 como no seu momento dispoñÃa Suárez, grazas a copias de autor, copias de época e copias actuais tomadas a partires de negativos. Unha primeira sección falará de 'Os anos 30: Por terras de Salamanca e Mariñeiros', outra do 'Exilio. 1936: Neve na Cordilleira, América del Sur, Xapón e Retratos', e a terceira e última do 'Retorno. 1959: La Mancha, Touros, Mediterráneo, Inglaterra e Galicia Anos 60'. Todas elas recollen unha gran produción: desde as diferentes series fotográficas sobre a sociedade campesiña galega e o mundo do mar nas que emprega recursos formais propios das vangardas, ata a súa produción no exilio, cando compatibilizou a fotografÃa co cine, se instalou en Uruguai, viaxou a Xapón, e cando en 1959 retornou a Galiza. Na inauguración Suárez-Canal destacou de José Suárez o uso da linguaxe fotográfica tomada das vangardas, afastada do costumismo, a súa relación co cine e a súa relación coa intelectualidade galega do exilio, as súas viaxes a Punta del Este e a Xapón ou o seu regreso a España "nun momento equivocado" co franquismo aÃnda presente para "ver viva á súa nai", deixando de lado o recoñecemento que tiña no exilio na Arxentina. Pola súa banda, o outro comisario, Manuel Sendón, salientou a fotografÃa de José Suárez como "totalmente distinta á dos fotógrafos históricos en Galicia", fuxindo tanto das fotografÃas de encarga como das que se presentaban a premios "e facendo uso dela como ferramenta de expresión para abordar os temas que lle parecÃan interesantes".