As obras das artistas Rosa Úbeda (Pontevedra, 1958) e Yolanda Dorda (Barcelona, 1974) protagonizan a sexta edición da cita expositiva de outono "Na beira do rÃo. Diálogos dende a pintura" no Pazo da Cultura de Pontevedra. Estes Diálogos na Pintura volven á beira do Lérez para amosar o xeito das dúas pintoras para relacionarse coa nosa contorna, ambas propoñen unha pintura chea de referencias á muller e ao seu papel nesta sociedade. Cuestións como a soedade, a violencia, a inseguridade ou os medos agroman nas pinturas de ambas, aÃnda que o fan dun xeito moi diferente. Un modo de dialogar dende o enfrontamento visual e as relacións das figuras humanas coa súa contorna.
A liberdade formal e conceptual á hora de configurar o cadro por parte de Rosa Úbeda contrasta coa pintura máis tradicional, plantexada dende a pincelada, de Yolanda Dorda. Segundo explica o comisario da mostra Ramón Rozas trátase de dúas miradas diferentes "froito de diferentes percepcións e de tempos distintos, que son os que definen os anos que median entre as súas datas de nacemento." Para Rozas a distancia cronolóxica entrambas "outórgalle o senso necesario a esta experiencia en forma de diálogo nun cruce de historias convertidas en cadros que ollarán un aos outros de xeito cómplice. Miradas directas, outras de esguello." A mostra abriu as súas portas onte no recinto cultural da cidade do Lérez e estará alà ata o 20 de novembro. Para celebrar a inauguración da exposición e da programación de outono no Pazo este domingo ás 17:30 a Sala de exposicións do recinto acollerá un concerto a cargo do grupo DeVACAS, con entrada de balde.