Veñen os 80

A mostra Xeración 80 abre a nova liña expositiva do Pazo da Cultura de Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Cartel de presentación de Xeración 80

Cartel de presentación de Xeración 80

Amosar o traballo de creadores novos, fundamentalmente vencellados á Facultade de Belas Artes. Esta é a nova liña que vai seguir a sala de exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra e que abre coa mostra Xeración 80. A natureza dos estados intencionais da muller, que se pode ver ata o vindeiro 3 de xuño. María Díaz e Araceli Torres encárganse do comisariado deste proxecto, que revela un retorno á figuración en soportes tradicionais como a pintura, a escultura ou a fotografía da man de dez creadoras novos nadas nesa década.

Bea Saa. Muro gretado. 2010
1/6
Gema López. Política de sustitución. 2010
2/6
Verónica Vicente. Unha estratexia da aparencia. 2011
3/6
Alejandra Sampedro. Salomé. 2011
4/6
Alba Fandiño. As fillas dun pintor I. 2010
5/6
Galería: Xeración 80
6/6

Alba Fandiño, Alicia Muñiz, Verónica Vicente, María Maquieira ou Bea Saa son algunhas das creadores que se poden seguir na mostra.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo da Cultura de Pontevedra, Natureza, Exposicións, Belas Artes...