Colmeiro protagoniza a nova exposición do Museo de Belas Artes

Pode verse na Coruña ata o vindeiro 26 de outubro

4/8/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

O Museo de Belas Artes da Coruña escolle Colmeiro como grande proposta expositiva para este verán. Ata o vindeiro 26 de outubro pode verse Manuel Colmeiro 1901-1999, un proxecto que parte de tres estudos inéditos realizados polo pintor nos anos trinta para un mural para analizar a súa evolución "desde unha pintura simbólica a outra en que prevalece a autonomía da pintura sobre o tema". Temas recorrentes da obra do artista como o nu, a paisaxe, a natureza morta, a muller campesiña ou o autorretrato poden contemplarse na mostra.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Colmeiro, Belas Artes, A Coruña, Manuel Colmeiro...