O museo MARCO de Vigo inicia hoxe a tempada 2020 abrindo a exposición Manuel Colmeiro. Espazo e encadramentos, que estará nas súas instalacións ata o vindeiro 24 de maio. A mostra, comisariada por Carlos López Bernárdez, ofrece un repaso á traxectoria de Manuel Colmeiro (Silleda, 1901-Salvaterra do Miño,1999), unha figura fundamental da pintura galega do século XX cuxa contribución foi decisiva na formación do Movemento Renovador da Arte Galega cunha pintura que parte do elemento popular para conformar unha nova percepción da realidade social e histórica galega. A exposición está conformada por unha selección de obras procedentes do comodato e de diferentes coleccións, acompañadas de material documental, configurada a partir dunha coidada investigación e relectura do sentido, obxectivos e incidencia da obra de Colmeiro.
Segundo a información achegada polo MARCO, faise especial fincapé na implicación do artista nos debates arredor da figuración na Europa e América dos anos vinte e trinta, os debuxos de guerra, e outros momentos menos coñecidos do seu traballo. A mostra que hoxe abre no MARCO repasa a traxectoria do artista desde os inicios da súa formación arxentina até o seu regreso definitivo a Galicia, incidindo na súa relación cos espazos artÃsticos onde desenvolveu a súa obra: o Buenos Aires dos primeiros anos vinte; a Galicia anterior á Guerra Civil; o exilio e ligazón ao contexto artÃstico americano, novamente na Arxentina, entre 1937 e 1948; a súa inserción no ParÃs de posguerra e a súa estreita relación co medio cultural galego e español, desde os anos cincuenta.