O Museo de Belas Artes da Coruña revela o seu Seoane

O legado de Maruxa Seoane pode verse ata o vindeiro 8 de marzo

29/11/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Luís Seoane no Museo de Belas Artes da Coruña. O legado de Maruxa Seoane é o título da exposición que abría as súas portas este 28 de novembro na Cidade Herculina. A mostra recolle unha selección das obras do autor legadas ao museo por Maruxa, a súa viúva, e que percorren a traxectoria do artista desde os anos 50 ata pouco antes do seu falecemento, en 1979. O percorrido divídese en catro bloques temáticos dedicados respectivamente á muller galega, á natureza e á paisaxe; á guerra e á denuncia social e, finalmente aos mitos, tradicións e lendas.

O proxecto inclúe tamén un apartado introdutorio no que se amosan as distintas facetas profesionais do artista e se abordan as diferentes técnicas que empregou ao longo da súa traxectoria. A exposición foi impulsada pola Xunta a coincidir coa dedicatoria do Día das Artes Galegas a Seoane por parte da Real Academia de Belas Artes, e estará aberta ata o vindeiro 8 de marzo.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Belas Artes, Museo de Belas Artes da Coruña, Luís Seoane, Paisaxe...