A Fundación Eugenio Granell en Santiago acolle desde mañá xoves 9 de xullo, a exposición Maruxa Seoane: achegamento a Mª Elvira Fernández López, comisariada por Juan de la Colina e producida pola Fundación Luis Seoane. Este proxecto expositivo, que xa estivo no pasado ano na fundación coruñesa, afonda na figura de MarÃa Elvira Fernández López (A Coruña, 1912 - 2003), Maruxa, compañeira inseparable de Luis Seoane, persoa chave na súa traxectoria que, tras o falecemento do artista en 1979, dedicarÃa a súa vida á recuperación e agrupamento do seu legado para Galicia, nun proceso que culminarÃa en 1996 coa creación da Fundación Luis Seoane na Coruña. Comisariada polo artista e profesor de arte Juan de la Colina, a mostra nace do desexo de destacar e renderlle homenaxe á personalidade de Maruxa Seoane e, ao mesmo tempo, recoñecer e visibilizar o seu labor, reducido con frecuencia ao papel de 'muller de artista'. Para isto, a exposición reúne unha selección de óleos, fotografÃas, obra gráfica e documentación diversa, asà como varias testemuñas, coa fin de elaborar o retrato dunha muller do seu tempo, que por vontade propia dedicou a súa vida a Luis Seoane participando da súa vocación de servizo á cultura galega. A exposición inclúe ademais, nun espazo creado para a ocasión, un documental dirixido por Juan de la Colina, que ilustra e reflexiona acerca da figura de Maruxa Seoane. Experimental na forma, a pelÃcula ten vocación de documento veraz. A banda sonora do documental foi realizada especÃficamente polo músico de orixe galego Pao Durán, e nela figuran gravacións dos anos 40 coa voz da propia Maruxa cantando. A exposición poderá visitarse na sede da Fundación Granell na Praza do Toural de Santiago ata o vindeiro 20 de setembro.