Os anos circulares. Últimas tendencias da figuración en Galicia, 1994-2013 é o título da mostra que se pode ver ata o vindeiro 31 de agosto na sede da Fundación Novacaixagalicia da Coruña. O proxecto convida a reflexionar sobre o traballo de creadores galegos nos últimos anos e a pegada da creación da Facultade de Belas Artes e doutras institucións na arte do país. Mónica Alonso, Mar Caldas, Rosendo Cid, Salvador Cidrás, Victoria Diehl, Fran Herbello, Nano 4814 ou Álvaro Negro son algúns dos artistas presentes na mostra, que convidan a reflexionar sobre os xeitos nos que se enfronta a imaxe a última xeración de creadores do país.